Datos de interés

  • Domingo 12.10.2008

Debate

O debate sobre o cambio climático abre o segundo mes do simposio 'Pobre mundo rico'


Etiquetas: medio ambiente, desenvolvemento, cambio climático, Vigo

AGN.

O simposio internacional 'Pobre Mundo Rico', organizado polo Club Internacional de Prensa', comeza mañá en Vigo o seu segundo mes de programación cun debate sobre a influencia do cambio climático na pobreza e cunha conferencia sobre riqueza, pobreza e ecoloxía a cargo de Marcos Arruda.

Por outra banda, o ciclo 'Cinema contra a pobreza' acollerá tamén na cidade olívica a proxección da a curta brasileira 'Escola pública' e do capítulo 'Camino de la extinción', da serie documental 'Voces contra la globalización'.

No debate sobre cambio climático e pobreza, que se desenvolverá na cidade olívica a partir das 17 horas, participarán o director de Greenpeace en España, Juan López de Uralde; Ramón Fernández, de Ecoloxistas en Acción, e Carlos Valesm director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

A conferencia do coordinador xeral do Instituto de Políticas Alternativas para o Cono Sur, Marcos Arruda, celebrarase a partir das 19.30 horas, e repetirá ao día seguinte en Ferrol, onde compartirá escenario co fundador de ATTAC e director xeral de Le Monde Diplomatique, Bernard Cassen.

04/11/2007

4'5 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Pobre mundo rico

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso