Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Cancelación do espazo científco

Eduard Punset e ''Redes'' despídense da audiencia once anos despois


Etiquetas: ciencia, televisión

E.P.L..

Once anos e 448 programas despois, o carismático Eduard Punset despídese dos espectadores este domingo coa emisión da última entrega de "Redes", o programa científico decano da televisión española. TVE decidiu prescindir deste espazo de divulgación a metade de tempada a pesar de que as cifras de audiencia se atopan por encima da media da 2.

En liña co novo rumbo que se pretende dar á segunda cadea, os directivos de TVE pediron unha renovación do formato, algo ao que o director e presentador do espazo non estaba disposto a ceder. Segundo asegurou onte Punset ao diario "La Razón", "falouse de substituílo por outro tipo de programa, para outra audiencia" porque se trataría dun programa que "nunca tería a identidade, a profundidade nin a mensaxe do actual".

Relegado á nocturnidade
Nese sentido, Eduard Punset reivindicou que "a propia comunidade científica se decatou de que as súas investigacións teñen un papel importante na vida da xente". Ese papel fíxose notar pouco logo de coñecerse a noticia, cando numerosos blogs de internet reivindicaron o labor de Punset á fronte deste espazo que, segundo os ususarios responde ao obxectivo dunha televisión pública, que é realizar un servizo público aos cidadáns.

A pesar do baile de horarios na grella ao que se someteu a "Redes" nos últimos anos, os espectadores máis noctámbulos (case) estaban acostumandos á perder horas de sono na madrugada das fins de semana, o mesmo horario no que dirá adeus.

"Redes" despedirase do público co documental "Tres visións da Excelencia", no que se recollen as inquietudes de tres mozos investigadores: Simone Marras (enxeñeiro aeronáutico), Adriana Rey (xornalista) e Ahmed Ould Mohammed (físico). É o final dun longo camiño no que o equipo deste escritor, científico, avogado, político, experto en economía e en novas teconolgías da o relevo poético á ciencia do mañá.

04/11/2007

4'8 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Eduard Punset e ''Redes'' despídense da audiencia despois de 11 anos (Foto: rtve.es)
Eduard Punset e ''Redes'' despídense da audiencia despois de 11 anos (Foto: rtve.es)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso