Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Videoxogos

¿Xbox 360, a que máis xogos vende por consola?


Etiquetas: videoconsolas, Microsoft, Nintendo, videoxogos, software

Xeración.

Malia non ser a xa consola máis vendida nin a que máis paixóns levanta, a Xbox 360 vaise asentando como unha das probables vencedoras da actual xeración. O ano extra de experiencia sobre as súas rivais permítelle contar a estas alturas cunha ampla base de usuario e co maior catálogo de xogos. Un informe publicado en Estados Unidos (que debe tomarse coa cautela habitual para este tipo de estudios) asegura que se venden de media sete xogos por cada Xbox 360 superando amplamente ás súas rivais. Por cada PS3, comparíanse 4 xogos e por cada Wii, 3'44.

Este último caso é sen dúbida o máis sorprendente. Malia ó gran ritmo de vendas no ano que leva no mercado, varios sinais alertan do perigo de estancamento para consola de Nintendo. Hai algunhas semanas outro informe sinalaba que máis da metade dos usuarios non xogaba habitualmente coa videoconsola, perdendo a gran baza deste negocio, a venda de software e accesorios.

Moitos usuarios parecen quedarse cos xogos básicos ('Wii Sports', incluído coa consola ou 'Wii Play', de regalo co mando adicional) e expandir moi pouco ó seu catálogo. Con ese panorama, por moitas consolas vendidas que teña, é pouco probables que as compañías programadoras de xogos, as Third Parties, básicas para o éxito ou fracaso dunha consola, se arrisquen a adicar recursos a sacarlle o máximo partido á Wii.

Xbox 360, a primeira Next-Gen
A Xbox 360 apareceu hai xa dous anos como o ''patiño feo'' da actual xeración de consolas. A fría acollida da súa antecesora, primeira incursión no sector de Microsoft, que malia a non ser un desastre non fixo sombra á Playstation 2, non era o mellor dos augurios. Pero na compañía de Bill Gates están acostumados a perseverar durante anos, por moitos millóns de dólares que supoña o intento.

Se de algo serviu a experiencia da primeira Xbox, foi para comprobar que quen golpea primeiro golpea dúas veces e a necesidade dun catálogo de xogos superior o da competencia. Malia ser máis potente que a PS2, a Xbox apareceu dous anos despois, cando a 'negra de Sony' xa tiña unha sólida base de usuarios e os programadores comezaban a sacarlle o mellor partido. Un astre que sería definitivo.

Por iso Microsoft decidiu adiantar os plans de lanzamento e a Xbox 360 saiu ó mercado no 2005, só catro despois da súa antecesora, para convertirse na primeira máquina da 7ª xeración. Poucos apostaban por ella ante a Wii de Nintendo -que chegaba para revolucionar o mercado gracias ó seu mando con sensor de movemento e a pesar da súa escasa potencia gráfica- e a Playstation 3, a consola máis avanzada da historia, co camiño preparado polas súas predecesoras e o lector de Blu-ray incorporado.

Luces e sombras
Neste tempo, a Wii tivo unha espectacular acollida que lle permitiu recuperar o terreo perdido e adiantar en vendas a Xbox 360. Malia isto, a consola de Microsoft posúe unha base máis que aceptable de 12 millóns de usuarios que triplica o da PS3, o catálogo máis maduro da actual xeración e unha rodaxe que lle permitirá reducir o seu prezo nos próximos meses.

O éxito de 'Halo 3', o gran supervendas da consola, permitiulle certo repunte e ser a consola máis vendida do mes de setembro. Malia todo, nada é perfecto, e non hai moito que se abriu unha fenda na confianza dos usuarios de que se descubrise un problema de deseño que obrigou a ampliar nun ano a garantía e desembolsar máis de 750 millóns de euros en reparacións.

03/11/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso