Datos de interés

  • Sábado 04.07.2009

Pola 'violencia e interferencias xudiciais'

Musharraf rompe o 'nudo gordiano' declarando o Estado de excepción


Etiquetas: Pakistán, violencia, terrorismo, Musharraf, Bhutto

Axencias/Xeración.

A escalada de tensión e violencia chega a un punto case insostible en Pakistán coa declaración do Estado de Excepción. O presidente Pervez Musharraf tenta así frear a insurrección islamista e as “interferencias xudiciais” que consideran inconstitucional a súa reelección presidencial.

A Constitución foi suspendida e remprazada por leis temporais mesmo se o Parlamento Federal e as asambleas provinciais seguirán funcionando. A decisión vai en contra do criterio da Corte Suprema de Xustiza, enfrontada dende hai meses a Musharraf e que xa pediu a suspensión do Estado de Excepción. As canles privadas de radio e televisión deixaron de emitir a súa programación e cortáronse todas as comunicacións móbiles e terrestres.

Nunha aparición televisiva horas despois de decretar o estado de emerxencia, Musharraf dixo que espera que as liberdades democráticas sexan restauradas despois das eleccións xerais, previstas para xaneiro do 2008. Queda por saber cales poden serán as garantías para celebrar unhas eleccións coa Constitución suspendida e con maxistrados do Tribunal Supremo baixo arresto.

O xeneral asegurou que o país vive unha "coxuntura perigrosa" coas ameazas á autoridade do Goberno por parte dos extremistas islámicos. Denunciou as "interferencias de certos membros do Poder Xudicial" e culpou a algunhas emisoras privadas de televisión de contribuir ó estado de confusión.

O labirinto de Musharraf
A decisión de Musharraf chega despois de que policías ofreceran sen resistencia ó posto de Matta a rebeldes do imán pro-talibán Fazullah, para non “combatir cos seus irmáns musulmáns”. Outro tanto ocorreu noutro posto dez kilómetros máis o norte poucas horas despois. 

Mesmo así, os rumores xa apuntaban á proclamación de medidas de emerxencia dende hai varios días, ante a posibilidade de que a Corte Suprema invalidase a candidatura de Musharraf a unhas eleccións que xa gañou o pasado 6 de outubro.

O estamento máis alto da xudicatura do país debe emitir un veredito sobre a legalidade da reelección de Musharraf antes do 12 de novembro, 3 días antes da fin do seu mandato. A controversia vén dada pola permanencia de Musharraf á fronte do exército, mesmo se o presidente anunciara a súa renuncia no caso de saír reelixido. Ese compromiso rachouse ó igual que no 2002, cando prometera ós partidos islamistas deixar o mando do exército se lexitimaban o golpe de Estado que lle dou o poder en 1999.

Agora unha das primeiras medidas tomadas durante o Estado de excepción foi a elección dun novo presidente da Corte suprema e o arresto do avogado que denunciou a reelección de Musharraf.

Regreso de Bhutto
A onda de violencia sen precedentes é outro engadido a esa difícil situación legal. Dende mediados de xullo, Pakistán, principal alíado dos EEUU na zona, sufriu 420 mortes en máis de vinte atentados suicidas, perpetrados ou atribuidados a movementos islamistas próximos a Al-Qaeda. O golpe máis duro produciuse o pasado 18 de outubro coa morte de 139 persoas o mesmo día que a ex presidenta Benazir Bhutto retornaba do seu exilio.

O futuro de Bhutto, principal opositora a Musharraf, atopábase no aire coa declaración do Estado de Excepción e a cadea Al-Yasira afirmaba que non regresaría da súa viaxe ó estranxeiro ata que se reinstaurase a orde Constitucional. O seu partido desmentiu a información e dixo que Bhutto xa estaba de volta dende Dubai.

03/11/2007

4'8 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Pervez Musharraf e Benazir Bhutto (Fotos: Wikimedia Commons)
Pervez Musharraf e Benazir Bhutto (Fotos: Wikimedia Commons)

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso