Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Fórmula 1

Fernando Alonso racha con McLaren


Etiquetas: Fórmula 1, Fernando Alonso

Xeración/Axencias.

Fernando Alonso e McLaren Mercedes rompen oficialmente. O asturiano deixa a escudería inglesa malia os dous anos de contrato que lle quedaban e non terá que pagar indemnizacións. Igualmente será libre de fichar por calquera equipo.

A ruptura negociouse nos últimos malia que se dou por feita durante o último treito da tempada, especialmente dende a polémica que envolveu o GP de Hungría. O caso de espionaxe e as malas relacións con Ron Dennis, patrón da escudería, foron os detonantes.

Con todo, nas últimas semanas barallárase a posibilidade de que continuara en McLaren, despois do fiasco do GP de Brasil onde o equipo deixou escapar un título que tiña na man.
Ademais, a saída de Alonso prívao dun dos únicos volantes competitivos da grella e tanto Ferrari como BMW confirmaron xa os seus actuais pilotos para a tempada que vén.

Comeza o baile de fichaxes
Coa ruptura reactívase un mercado que permanecía paralizado á espera do que ocorrera con Alonso. Un retorno a Renault ou unha nova aventura en Toyota -equipo con tanto orzamento como fracaso acumulado-  parecían hai algunhas semanas as posibilidades máis factibles, sobre todo porque contan coa vantaxe de construír tamén o motor e non dependen dun terceiro.

Aínda así, dende hai uns días soan con forza Williams (un histórico de capa caída) e RedBull. Ata o de agora, o equipo do touro enerxético asemellouse máis a un cartel publicitario ambulante, pero a posible chegada de Ross Brawn, un dos 'cerebros' da hexemonía de Ferrari durante máis dun lustro, podería ser un punto ao seu favor.

No horizonte aparece Ferrari, coa que Alonso mantén unha relación de amor-odio dende a súa precoz aparición na Fórmula 1. O asturiano parece ter o seu destino na 'Scudería', pero o traspaso nunca chega, ao igual que ocorreu no seu día con Ayrton Senna.

02/11/2007

4'8 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Esta imaxe non se volverá repetir (Foto: fernandoalonso.com)
Esta imaxe non se volverá repetir (Foto: fernandoalonso.com)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso