Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Outros sete acusados

Ábrese o xuízo oral contra Ibarretxe polas súas reunións con Batasuna


Etiquetas: País Vasco, Batasuna, Xustiza

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco abriu o xuízo oral contra o lehendakari Ibarretxe e os dirixentes socialistas Patxi López e Rodolfo Ares. Están acusados de manter reunións con cinco membros da ilegalizada Batasuna, que tamén serán xulgados.

Xeración (Santiago).

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSXPV) abriu o xuízo oral contra o lehendakari, Juan José Ibarretxe, e contra os dirixentes socialistas Patxi López e Rodolfo Ares.

Os tres están acusados de cooperación necesaria nun delito de desobediencia cometido presuntamente por cinco líderes da ilegalizada Batasuna, que tamén serán xulgados. Estes últimos son Arnaldo Otegui, Fernando Barrena, Rufino Etxebarria, Juan José Petrikorena e Olatz Dañobeitia.

As reunións cos dirixentes da esquerda abertzale, que motivaron a devandita acusación, mantivéronse en abril e xullo do 2006 e en xaneiro do ano pasado e a formación non contaba co permiso para tales encontros, por estar ilegalizada.

Segundo entende o xuiz do TSXPV encargado da causa, os feitos poden ser constitutivos do delito de desobediencia á Xustiza tipificado no artigo 556 do Código Penal vixente.

Os acusados teñen dende agora dez días para presentar os seus escritos de defensa. Contra o auto ditado polo xuíz non cabe recusación.

Non ó sobreseimento da causa
O Ministerio Fiscal solicitara o arquivo desta causa baixo o argumento de que non había outra acusación pública que fose exercer a acción penal contra os querelados. Non abonda cunha acusación popular para a apertura dun xuízo oral.

Sen embargo, o xuiz encargado do caso rexeita estas razóns ó considerar que tódolos cidadáns, fosen ou non ofendidos, poden querelarse exercendo a acción popular.

30/10/2007

4'8 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

O lehendakari Juan José Ibarretxe está acusado de cooperación nun delito de desobediencia. (Foto: ibarretxe.com)
O lehendakari Juan José Ibarretxe está acusado de cooperación nun delito de desobediencia. (Foto: ibarretxe.com)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso