Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Resístese a vitoria

Facer bo fútbol non lle chega ao Dépor


Etiquetas: fútbol, Deportivo, A Coruña

L-V.

O Dépor empézase a impacientar. O equipo herculino continúa medrando no xogo, pero continúa sen abandonar os postos baixos da táboa. O fútbol combinativo dos de Lotina ante o Espanyol, o Sevilla, o Valencia e o Madrid deu un froito escaso de tres puntos, algo que os deportivistas deberán comezar a amañar mañá ante o Mallorca en Riazor.

O capitán Manuel Pablo foi ben claro onte ao asegurar que a aposta do equipo galego polo bo xogo non vale se os xogadores non conseguen mellorar a clasificación. “Volver xogar ben e volver perder non serve de nada. Toca gañar pola situación na que estamos, porque xogamos na casa e porque é necesario”, comentou o deportivista.

'Os erros páganse'
O xogador canario lamentou os erros cometidos polo seu equipo ante o Real Madrid, fallos que lle impediron sacar algo positivo da súa visita ao conxunto merengue. “Seguimos cometendo erros e contra equipos como o Real Madrid páganse. Fixemos un erro tan determinante como un penalti, que é a ocasión máis clara de gol, así que aínda que estamos plantando cara aos rivais, non serve de nada porque cometemos erros”, apuntou o lateral dereito.

“Os dous primeiros goles que encaixamos chegan tras contraataques nosos nos que perdemos o balón e o adversario fainos outro ataque. Podemos cometer un erro, pero temos que corrixilo na mesma xogada”, insistiu. Manuel Pablo, quen recoñeceu desfacer o fóra de xogo no segundo gol dos brancos, insistiu en que os coruñeses deben amañar eses fallos para non repetilos nas próximas xornadas da Liga, como a de mañá ante o Mallorca no estadio de Riazor.

“O Mallorca está moi ben, está conseguindo moitos goles, ten xente con calidade e rapidez arriba, e vai ser difícil, pero hai que estar concentrados e seguir na mesma liña en ataque”, declarou o defensa do Deportivo, consciente de que unha derrota na casa traería as alarmas á afección, que só viu unha vitoria do seu equipo na Coruña durante esta tempada.

30/10/2007

4'3 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso