Datos de interés

  • Xoves 24.07.2008

Tráfico

¿Máis drogas que alcohol ao volante?


Etiquetas: tráfico, saúde, drogas, alcol

L-V.

Os controis que comezou a practicar a pasada fin de semana a Garda Civil de Tráfico en Badaxoz e Zaragoza para detectar a presenza de substancias psicotrópicas revelan, nun principio, que a porcentaxe de consumo das mesmas, unido á condución, é superior ao que adoita ser habitual de alcohol.

É a valoración provisional que facilita o fiscal especial para a seguridade viaria, Bartolomé Vargas. Pese a todo, recoñece que é un dato que hai que tomar “con toda a cautela, dado que os controis se realizaron só en dúas provincias co que a comprobación é moi limitada”. Case o 8% dos condutores que se someteron nas noites do venres e sábado aos novos controis para detectar substancias psicotrópicas en Badaxoz e Zaragoza deron positivo.

Bartolomé Vargas cre que este resultado é “revelador”, pois indica que a cifra de positivos en cannabis, cocaína, anfetaminas ou pastillas é superior á que adoitan dar os controis de alcoholemia, que é ao redor dun tres por cento do total das probas practicadas.

Seguen os controis de drogas
A próxima fin de semana continuarán os controis noutras provincias, que de momento non se precisaron, e que supoñen, segundo Vargas, “unha decisión firme” tanto da Fiscalía como da DGT de investigar estas condutas que son “moi graves para a seguridade do tráfico".

Estas condutas son castigadas con de tres a seis meses de cárcere e poderían ser penadas alternativamente, nalgúns casos, segundo Vargas, con traballos en beneficio da comunidade e medidas de reinserción.

“O fiscal acusará cando ache probas de delitos e farao coa máxima garantía e procurando a aplicación do dereito penal; e nalgúns casos, nos que o condutor só dá positivo e non atropelou a ninguén ou non provocou un resultado lesivo, procurará que esas penas consistan en medidas de reinserción”, explicou.

Entre esas medidas estarían traballar en centros de parapléxicos ou asistir ás vítimas con danos cerebrais, para que os infractores tomen conciencia do efecto das drogas. O operativo posto en marcha esta fin de semana estivo dirixido e coordinado pola Fiscalía de Seguridade Viaria.

Buscan o sistema de control máis eficaz
En concreto, 32 condutores deron positivo neste tipo de drogas nas 411 probas realizadas polos axentes da Garda Civil de Tráfico en Badaxoz e Zaragoza. A noite do venres, en Badaxoz, realizáronse 26 probas e dúas delas foron positivas. Esa mesma noite en Zaragoza levaron a cabo 231 probas, das que seis resultaron positivas. Nos novos controis practicáronse distintas formas de realizar as probas para ver cal é a máis eficaz.

30/10/2007

4'3 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso