Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Manifestación contra a cloreira

Convocada unha mobilización en Pontevedra para esixir o peche de Elnosa


Etiquetas: Elnosa, Pontevedra, medio ambiente, contaminación

AGN.

A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) convoca unha nova mobilización para pedir o peche da planta cloreira de Elnosa no complexo de Lourizán. A concentración será mañá martes 30 de outubro ás 20.30 horas na Praza da Peregrina de Pontevedra.

A plataforma ecoloxista demanda con esta manifestación cidadá que as administracións públicas "cumpran coa legalidade" e procedan a pechar a planta de Elnosa. Lembran que precisamente o 30 de outubro expira o prazo para que a cloreira obteña a Autorización Ambiental Integrada que precisa para manter a súa actividade na Ría de Pontevedra.

Medio Ambiente non lle outorgou a empresa a autorización requerida e, de non conseguila, enfrontaríase a sancións e ata ao peche da planta se mantén en funcionamento o complexo de Lourizán. Esta é a tese da plataforma, coa que en cambio a empresa non está de acordo.

Segundo Elnosa, ao estarse a tramitar o expediente da Autorización Ambiental Integrada, que Medio Ambiente aínda non resolveu concedéndolla ou denegándolla, a cloreira sostén que non se aplica esta data límite.

'Elnosa non vai desaparecer mañá'
A APDR, que nos últimos anos se caracterizou pola súa oposción frontal ao complexo industrial Ence-Elnosa de Lourizán, admite con todo que esta manifestación non pretende conseguir o peche inmediato de Elnosa.

"Sabemos que iso non vai pasar e que por moito que nos mobilicemos, o día 1 de novembro Elnosa seguirá aí, pero queremos que a Administración se pronuncie, e diga por qué non a pecha e por qué se está a incumprir a lei", sinalou a voceira da APDR, María Peón.

Problemas xurídicos
O certo, é que o traslado da electroquímica de Elnosa fóra do complexo de Lourizán veuse complicado nas últimas semanas con dúas sentenzas xudiciais que anularon o informe municipal desfavorable á situación da cloreira na ensenada da Ría de Pontevedra.

Segundo o informe do concello, Medio Ambiente en ningún caso podería emitir a autorización ambiental integrada á fábrica de Elnosa en Pontevedra. O concello baseábase en que a fábrica de cloro non se axusta á ordenación urbanística actual e nas negativas repercusións medioambientais das instalacións, para informar negativamente sobre a planta.

Ambas sentenzas deixaron en mans da Consellería de Medio Ambiente outorgar ou non a polémica autorización ambiental, pero abriron a porta a que Elnosa poida iniciar os trámites para conseguila, polo que a súa estancia na Ría sen o preceptivo documento podería prorrogarse.

29/10/2007

4'5 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Complexo de Elnosa en Lourizán (Foto: Ecologistas en Acción)
Complexo de Elnosa en Lourizán (Foto: Ecologistas en Acción)

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso