Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Operación 'Piraña'

Incautados 3.360 quilos de cocaína en dúas operacións en Vigo e Pontevedra


Etiquetas: drogas, narcotráfico, Pontevedra, Vigo, sucesos

Sete detidos e 3.360 quilos de cocaína incautados é o resultado de dúas intervencións policiais conxuntas que se realizaron nas rías de Vigo e Pontevedra e no porto de Meloxo, no Grove.

AGN (Santiago).

A incautación de 3.360 quilos de cocaína é o resultado de dúas operacións conxuntas contra o tráfico de estupefacientes emprendida na provincia de Pontevedra. En concreto, foron as rías de Vigo e Pontevedra e o porto de Meloxo, no Grove, os escenarios da intervención, na que foron detidas sete persoas.

O Ministerio de Economía e Facenda informou de que ámbalas dúas operacións, coñecidas en conxunto co nome de Piraña, se porían en marcha esta madrugada. A primeira delas desenvolveuse nas inmediacións do cabo Home, á entrada das rías de Pontevedra e Vigo, coa detención da primeira das lanchas que transportaba uns 90 fardos de cocaína.

A segunda manobra realizouse nas proximidades do porto de Meloxo, coa intervención da outra embarcación que ficou varada na praia logo de tirar pola borda un número indeterminado de fardos. A maioría deles foron recollidos polos axentes.

Durante a mañá, funcionarios de Aduanas rexistrarán as lanchas, que foron trasladadas ó peirao da Etea, no municipio vigués de Teis.

29/10/2007

4'5 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso