Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Declaracións emitidas pola Ser

O control dos cartos para o Gaiás, ''un mero trámite administrativo'', segundo Pérez Varela


Etiquetas: Cidade da Cultura, PPdeG, Pérez Varela

AGN.

O ex conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, afirmou nunha conversa con Peter Eisenman en 1999 que o control do diñeiro público para o proxecto da Cidade da Cultura era só un "mero trámite administrativo". Vén de facelo público a Cadena Ser, nunha gravación da conversa entre o ex conselleiro e o arquitecto do Gaiás.

Nun momento da conversa, Pérez Varela afirma que "o fundamental é que o proxecto marche moi ben, e que os niveis de control e calidade sexan extraordinarios, e o segundo é un mero trámite administrativo, que é o control do diñeiro público".

A conversa tivo lugar, segundo informa a Ser, o 19 de setembro de 1999, e nela participaban varios directores xerais do Goberno Fraga. Ante as constantes preguntas de Eisenman, interesado en coñecer os pormenores do proxecto, Pérez Varela dille que non debe tomarse "ao pé da letra" o que el lle está a dicir e deixa a definición do proxecto en mans do arquitecto.

'Poñemos o fermento para facer o pan'
"Eu quero dicirlle que o que pretendemos é dar ideas xerais, nós estamos dando, se acaso, o fermento, o pan teno que facer vostede e o seu equipo", afirma o ex conselleiro, dirixíndose ao arquitecto que gañou o concurso de ideas da Cidade da Cultura.

Engade Pérez Varela, que "o seu talento, a súa imaxinación, e a súa capacidade creadora decidirán como vai quedar, porque senón non contratariamos a un mestre, contratariamos a unha persoa".

Na gravación, Pérez Varela sortea a pregunta que lle fai o equipo de Eisenman sobre un calendario do proxecto e limítase a dicir que "sen reducir a calidade do proxecto nin coartar a capacidade creadora do profesor e mestre, gustaríanos que fose o máis rápido posible (...) porque ten unha certa urxencia".

Ademais, o ex titular de Cultura pon en valor o avance de Galicia asegurando que "queremos transformalo nun país con prepotencia nos sectores de servizos, no turismo, na industria, e sobre todo, na tecnoloxía" e insta a Eisenman a que "todo o que vaia dentro da Cidade da Cultura sexa tamén símbolo do século que vén, do novo milenio".

Reaccións á gravación
O PSdeG reaccionou a esta gravación asegurando, en declaracións á Ser, que é unha mostra do "desprezo co que o PP tratou aos galegos durante os seus gobernos". Segundo o voceiro parlamentario dos socialistas galegos, Ismael Rego, estas declaracións de Pérez Varela deixan claro "o malgasto e o descontrol nun proxecto millonario".

O voceiro do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, coincide con Rego e engade que a conversa demostra que o PP buscaba "enriquecer a empresas vinculadas ao partido". Por parte do PPdeG, aseguran descoñecer as gravacións e insisten en que "non hai nada irregular na xestión do proxecto", segundo o voceiro de Cultura dos populares, Ignacio López-Chaves.

28/10/2007

4'8 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Obras da Cidade da Cultura (Fotos: Ferrín. AGN)
Obras da Cidade da Cultura (Fotos: Ferrín. AGN)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso