Datos de interés

  • Sábado 04.07.2009

Na procura da oficialidade

O galego entra na web da Comisión Europea


Etiquetas: lingua, UE, país, internet

AGN/Xeración.

A lingua galega vai conquistando pequenos espazos en Europa. Pero a pasos lentos. Dende hoxe, a web da Comisión Europea conta cun espazo no que se difunden noticias en galego, catalán e vasco, ademais de en castelán. Trátase de A través de Europa, un apartado dentro do do portal da Comisión no que os Estados membros publican as súas noticias, que a partir de agora se poderán atopar tamén nas linguas cooficiais.

A sección recolle "noticias relacionadas con Galicia e Europa, e información relacionada coa realidade cultural e lingüística dos vinte e sete", segundo informa a secretaría xeral de Política Lingüística. Con esta iniciativa quere avanzarse, di este departamento da Xunta, no "recoñecemento da pluralidade cultural e lingüística da UE, que se iniciou hai case dous anos".

As linguas oficiais poden ser empregadas no ámbito comunitario tras diversos acordos establecidos entre o Goberno de España, as institucións europeas e as comunidades con linguas cooficiais dentro dos Estados. Ao abeiro destes acordos, o galego pode ser empregado nas comunicacións dos cidadáns co Parlamento Europeo, co Defensor do Pobo e tamén no Comité de Rexións.

Lonxe da oficialidade
Con todo, cómpre lembrar que as linguas cooficiais dos distintos Estados europeos aínda están lonxe de acadar a igualdade lingüística nas institucións da UE. O pasado 26 de setembro, coincidindo co Día Europeo das Linguas, o BNG denunciaba que o galego aínda non é lingua oficial no Parlamento da Unión, onde os eurodeputados non a poden empregar.

A Mesa da Eurocámara, órgano responsable das cuestións lingüísticas nesta institución, alega dificultades técnicas para impedir o uso do galego, o vasco e o catalán no pleno da Eurocámara.

En xuño de 2005, o Consello de Ministros da UE, en resposta a unha petición de España, acordou o emprego do galego, o vasco e o catalán nas institucións comunitarias, pero sen elevalas á categoría de linguas oficiais da Unión.

28/10/2007

4'8 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

A oficialidade das linguas minoritarias aínda é unha incógnita na UE (Foto: europarl.europa.eu)
A oficialidade das linguas minoritarias aínda é unha incógnita na UE (Foto: europarl.europa.eu)

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso