Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Nova canle da consola virtual

'Este Nadal, regale Wii-xogos clásicos'


Etiquetas: Nintendo, software, videoxogos, videoconsolas

Xeración.

A actual xeración de videoconsolas, empeñadas en venderse a si mesmas como a última tecnoloxía dispoñible en ocio dixital, está atopando un éxito sorprendente no revival dos xogos clásicos. A reedición de temas clásicos no portal Xbox Live Arcade ou a consola virtual da Wii que permiten reencontrarse cos Mario e Sonic da nosa infancia son boa mostra disto.

Recentemente, Satoru Iwata, presidente de Nintendo e un dos homes máis contentos que debe camiñar pola Terra nestes tempos, anunciou unha nova canle para a súa consola de salón que chega xusto antes de desatarse a onda de consumismo do Nadal.

Os usuarios poderán regalar xogos clásicos da consola virtual a  outros xogadores través desta canle comercial. O destinatario recibirá un código que lle permitirá acceder á tenda online e descargalo sen pasar por caixa. Todo sexa por animar a tirar do ADSL para consola. 

Na busca do regalo estrela
Aínda non está claro cantos títulos estarán dispoñibles baixo esta nova modalidade nin se os prezos serán idénticos ós das descargas normais. Iso si, tendo en conta o éxito da consola de Nintendo, número 1 en vendas da actual xeración a pesar de saír un ano máis tarde que a súa principal competidora, os Wii-xogos clásicos poden ser un regalo estrela deste Nadal, sobre todo en Xapón e Estados Unidos.

Dende outubro do 2006, calcúlase que se venderon máis de 12 millóns de consolas Wii, batendo recentemente á Xbox 360 -cun ano máis no mercado- e triplicando á Playstation 3. Iso si, como nada é perfecto, comezan a aparecer as primeiras críticas que afirman que a maioría dos compradores non xogan habitualmente e a teñen como pouco máis que unha curiosidade. Iso podería lastrar o desenvolvemento de software por parte de third parties, o gran negocio do mundo dos videoxogos. 

28/10/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso