E.P. (Ourense).
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, confirmou que a sede da futura Confederación Hidrográfica do Miño, á que tamén optaba Lugo, estará en Ourense e anunciou que o consello de ministros o confirmará en quince días.
O secretario xeral do PSdeG resaltou que o importante é que Galicia conte cun ente hidrográfico propio. Dáse resposta así, sinalou hoxe, "á reclamación histórica de xestionar unha riqueza que ata agora se xestionou desde Asturias", sede da confederación do Norte. "É un salto extraordinario".
As declaracións de Pérez Touriño xa despertou o comentario do portavoz municipal do BNG en Lugo, Xosé Anxo Lage, quen, en declaracións a Efe, criticou aos cargos orgánicos e institucionais do PSOE galego por non "cumprir" a promesa de que a nova confederación ía ter a súa sede en Lugo.
O concelleiro nacionalista apuntou que esta decisión é unha mostra da "debilidade" dentro do seu partido do rexedor de Lugo, Xosé López Orozco. "O alcalde de Ourense logrou en 5 meses o que non fixo o de Lugo en máis de 8 anos", resumiu Lage.
27/10/2007