Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

AVE

Nove grupos ecoloxistas presentan alegacións ó trazado do AVE Ourense-Vigo


Etiquetas: medio ambiente, Vigo, Ourense, AVE

AGN.

Nove colectivos ecoloxistas, entre eles Adega e APDR, opóñense ao trazado do Tren de Alta Velocidade entre Ourense e Vigo a través da denominada variante de Cerdedo, xa que na súa opinión é "totalmente innecesaria" e contribúe á destrución das aldeas e zonas periurbanas polas que atravesa. Por iso presentaron ante a subdelegación do Goberno en Pontevedra un escrito de alegacións ao proxecto.
 
O escrito está asinado por Adega, a Asociación Pola Defensa dá Ría de Pontevedra, a Asociación ecoloxista e cultural Verbo Xido (Terra de Montes), Chamoso Lamas (Carballiño), Matar por Matar Non (Carballiño), Grupo de Axitación Social (Vigo), Asociación Caleidoskopio (Vigo), Colectivo Nacionalista de Marín e a Asociación Vaipolorío (Pontevedra).
 
Segundo din, o AVE por Cerdedo “promove o desequilibrio territorial contribuíndo á perda de poboación de zonas rurais" e “é enerxéticamente insostible xa que a potencia requerida para obter altas velocidades consume necesariamente máis enerxía", arrasa os hábitats naturais, ameaza os montes con túneles que provocan un grave impacto medioambiental e "devastan as paisaxes, os espazos rurais de potencial valor agrario, e provoca un grave impacto acústico que afecta á calidade de vida das persoas e a biodiversidade da zona".

'Ferrocarril si, a calquer prezo non'
Os asintantes seguran que esta infraestrutura favorece a desertificación das zonas rurais, provocando o abandono do monte "potenciando un modelo de turismo concentrado no territorio e que favorece a destrución do litoral .
 
Malia asegurar que apostan polo ferrocarril como o medio de transporte máis adecuado, "iso non implica que aceptemos calquera proxecto" e critican o elevado custo económico que terá esta obra "que non está xustificado e que non responde ás necesidades do noso territorio".
 
Ante a previsible aprobación do trazado, estas organizacións ecoloxistas anunciaron que seguirán de preto todos os procesos administrativos e construtivos para que se preserve a legalidade vixente.

27/10/2007

4'5 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

O AVE galego segue creando polémica
O AVE galego segue creando polémica

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso