Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

III Congreso Luso-Galaico sobre Drogodependencias

A idade de inicio no consumo de drogas retrásase por primeira vez en Galicia


Etiquetas: drogas, mocidade, saúde

Xeración /AGN (Santiago).

A idade na que os mozos galegos inícianse no consumo de drogas por primeira vez está baixando, dacordo co subdirector xeral de Saúde Mental e Drogodependencias do Servizo Galego de Saúde (Sergas), Víctor Pedreira Crespo, quen confirmou tamén un cambio de tendencia no uso abusivo do alcol, cun 4,5% menos nun período de dous anos.

Pedreira Crespo referiuse a un estudo epidemiolóxico cuxos resultados déronse a coñecer recentemente e foi realizado entre 20.000 nenos e mozos de 14 a 18 anos.

A enquisa, na que participaron 2.240 alumnos galegos (un 10% da mostra nacional) reflicte unha baixada en tódolos consumos, así como un retraso na idade de inicio, salvo no caso da cocaína, cuxo uso "aumenta lixeiramente", sinalou.

Así, no caso alcol e o tabaco, o inicio situábase en 2005 arredor dos 13 anos, mentres que agora esta en torno ós 14 e nos 15 para o cannabis e as drogas de deseño.

O subdirector xeral indicou que estes datos resultan "alentadores", polo que insistiu en que haberá que seguir mantendo un sistema de alerta, o cal asegurou "está empezando a funcionar".

Baixa o consumo
Sobre a referida enquisa, neste caso a partir de datos de consumo, Pedreira Crespo aludiu a outros datos igualmente significativos, como o da baixada do consumo abusivo de alcol do 4,5% dende 2005, entre persoas de 12 anos en diante.

Rexistrouse igualmente no período sinalado un recorte no consumo do tabaco, ó pasar a cantidade media de 18,4 a 15 pitillos por fumador.

Actualmente, segundo o subdirector xeral, hai unhas 12.000 persoas na rede asistencial galega recibindo algún tipo de atención polo uso e abuso de drogas, mentres que arredor de 3.000 pediron o alta para reintegrarse socialmente.

Botellón
Sobre o fenómeno do 'botellón', Víctor Pedreira falou da existencia de cifras dispares no consumo, dependendo dos distintos estudos, aínda que se estima que podería situarse entre o 7 e o 8% de quen inxire algún tipo de droga, cifra que no caso do consumo de derivados do cannabis situase en torno o 5%, e nun 15% para as substancias de síntese.

O III Congreso Luso-Galaico sobre Avances de Drogodependencias celebraráse mañá e pasado en Santiago. Entre os seus obxectivo está a mellora da formación de profesionais de ambos lados da fronteira, así como o intercambio de información e os novos enfoques para o tratamento das drogodependencias.

25/10/2007

4'2 (10 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Presentación do III Congreso Luso-Galaico (Foto: Otto. AGN)
Presentación do III Congreso Luso-Galaico (Foto: Otto. AGN)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso