AGN.
A Consellería de Sanidade reforzará o servizo sanitario galego con 946 novos profesionais para tentar reducir as listas de espera. A maioría destas incorporacións, un total de 705, realizaranse na atención primaria, segundo recollen os presupostos da Consellería para 2008.
A sanidade pública galega contará o próximo ano cun orzamento total de 3.639 millóns de euros, dos que case 1.400 se destinarán a melloras na atención primaria. Segundo explicou a conselleira de Sanidade, María José Rubio, no presente exercicio increméntanse os orzamentos en 251 millóns con respecto ao ano pasado, un 7,4%. O investimento por habitante situarase nos 1.313 euros, fronte aos 1.227 euros de 2007.
Reforzo na atención primaria
Das máis de 700 prazas que se crearán en atención primaria, 175 serán de persoal facultativo -134 médicos de familia, 25 pediatras e 16 odontólogos-; e outras 391 de presoal sanitario non facultativo -271 diplomados en enfermería, 44 fisioterapeutas, 13 matronas e 27 técnicos sanitarios-. Crearanse ademais 139 novos postos para persoal non sanitario -109 empregados de servizos xerais e 30 traballadores sociais-.
Este reforzo da asistencia ambulatoria pretende, segundo Rubio, reducir o colapso da sanidade pública ao conseguir "que só os pacientes que realmente o precisan acudan ao especialista".
Á marxe do reforzo na atención primaria, a Consellería prevé crear outros 212 novos postos de traballo en atención especializada, 29 dentro do plan de saúde mental e 15 para MIR e diplomados sanitarios.
Contra o cancro e as drogas
Destacan nas partidas orzamentarias do Servizo Galego de Saúde para 2008, a destinada á investigación e loita contra o cancro, que recibe un orzamento de 59 millóns de euros. Neste senso, como xa estaba previsto, investiranse 3,3 millóns de euros á implantación da vacina contra o virus do papiloma humano, que permita loitar contra o cancro de colo de útero.
Para prevención e reinserción da drogodependencia, a Consellería presuposta 17,5 millóns de euros. Os orzamentos da Consellería de Sanidade recollen tamén a previsión económica para incrementar ata os 14 anos a idade dos nenos que poden optar a empastes gratuítos e para pór en marcha o programa de humanización do parto e o plan de saúde mental.
Novas tecnoloxías e infraestruturas
Pola súa banda, o proxecto Rede en Saúde recibirá 35,5 millóns de euros destes orzamentos, que se destinarán á historia clínica electrónica, a dixitalización da imaxe médica, e a receta e dispensación electrónica de medicamentos, empezando coa conexión de todas as oficinas farmacéuticas da comunidae.
En canto ao investimento en infraestruturas sanitarias, os orzamentos destinan 61,6 millóns de euros a obras en atención especializada e 23,8 millóns a obras equipamentos. Destes, investiranse 18 millóns na construción de centros de saúde, 2,3 millóns en reformas e ampliacións e 3,5 millóns en equipamentos.
Asimismo, Atención Primaria dispondrá de 23,8 millones de euros para obras y equipamientos, un 83,4% más que en 2007, repartidos en 18 millones para construcción de centros, 2,3 millones para reformas y ampliaciones y 3,5 millones para equipamientos.
24/10/2007