Datos de interés

  • Sábado 04.07.2009

Nos quioscos en novembro

'Retranca', unha revista para rir de nós mesmos


Etiquetas: revista, humor

Xeración.

A partir do vindeiro mes de novembro unha nova revista mensual de humor galego chega aos quioscos. Trátase de Retranca, unha publicación dirixida polo autor pontevedrés Kiko Da Silva, que nace coa pretensión "de recuperar a longa tradición humorística galega".

Coa Santa Compaña como mascota e o lema 'lerasnos de morto se non nos les de vivo'', Retranca distribuirá unha tirada inicial de 8.000 exemplares en quioscos de todo o país a un prezo de 2,20 euros. O feismo será o tema principal do primeiro número desta publicación, que segundo advirten os seus promotores, agasallará aos lectores cunha foto do rei "que espertará as paixóns máis ardentes".

Xunto a Kiko da Silva como director do proxecto, nas páxinas de Retranca aparecerán firmas como Manuel Rivas, Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Manuel Lourenzo, Andrés Meixide, Pinto&Chinto ou Jacobo Fernández, entre outros autores galegos. Dende fóra do país, achegarán a súa ollada Idígoras&Pachi ou Mel, colaboradores habituais de El Mundo e El Jueves.

'Rir de nós mesmos'
Segundo Da Silva, esta revista quere "ocupar un espazo ata o de agora descoidado nas bancadas. Hoxe en día non hai ningunha publicación adicada a facernos rir de nós mesmos en Galicia", explica o debuxante pontevedrés.

A presentación en sociedade desta nova publicación celebrarase ás oito da tarde do vindeiro 31 de outubro (noite de Samaín) no Café Moderno de Pontevedra.

24/10/2007

4'9 (31 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso