Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Do 29 de outubro ó 2 de novembro

A Asociación PuntoGal estará presente na reunión do ICANN en Los Ángeles


Etiquetas: internet, lingua, puntogal

Xeración /AGN (Santiago).

Unha delegación da Asociación PuntoGal, para conseguir un dominio galego propio en internet, participará na 30 edición do Encontro internacional da ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers), durante a última semana de outubro, no que se abordarán distintos aspectos sobre o funcionamento deste sistema de dominios.

As máis de 500 persoas inscritas na convención analizarán en detalle cuestións como o funcionamento interno da organización ou a normativa aplicable ás distintas candidaturas para novos dominios.

Aínda que non se coñece con exactitude a data na que se abrirá o novo proceso, directivos do ICANN (o organismo internacional responsable dos dominios en internet) anunciaron na pasada edición que lanzarán unha convocatoria no verán de 2008.

Unha carreira difícil
Puntogal recibiu recentemente o apoio da consellería de Innovación a través un convenio de colaboración para os custes da candidatura galega. Para acadar o seu obxectivo, a iniciativa ten que conseguir superar determinados chanzos: que sexa unha petición unánime, respaldada pola comunidade e que os distintos informes teñan unha boa calidade técnica.

Con este fin, e durante a reunión que se celebrará entre o 29 de outubro e o 2 de novembro en Los Ángeles, os representantes de PuntoGal manterán distintos encontros e entregarán información ós asistentes sobre a proposta dun dominio para a cultura e a lingua galega na rede. Tamén reuniranse con membros dos centros galegos en Estados Unidos para presentarlles persoalmente esta iniciativa.

22/10/2007

4'8 (6 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

A vindeira reunión do ICANN comezará o 29 de outubro
A vindeira reunión do ICANN comezará o 29 de outubro

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso