Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Afirma que é un problema herdado

A CRTVG recoñece a ''mala calidade lingüística'' dos seus traballadores


Etiquetas: BNG, lingua

AGN (Santiago).

A dirección da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) recoñece a "mala calidade lingüística" dos seus traballadores e asegura que está procurando facer fronte á situación mediante a adopción de diversas medidas ante unha pregunta do Bloque Nacionalista Galego.

A compañía afirma que a calidade do uso do galego entre os profesionais é "manifestamente mellorable" e lembra que se trata dun problema "herdado".

Aproveitar a reforma o ente
Pola súa parte, o coordinador do grupo parlamentario do BNG, Bieito Lobeira, considera que "convén" estudar a creación dun instrumento ó servizo da normalización do idioma na CRTVG ante a perspectiva de reforma da lei do ente público.

O deputado nacionalista anunciou que o BNG vai traballar neste sentido e que fará un seguimento dos traballos que xa se están realizando para cambiar a situación da capacitación lingüística nos medios de comunicación públicos da comunidade.

22/10/2007

4'8 (11 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso