Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Chaleco '3rd space'

Os videoxogos de guerra, máis reais que nunca


Etiquetas: ocio, tecnoloxía, videoxogos

Xeración (Santiago).

Un dos obxectivos dos videoxogos é acadar un maior realismo posible, ata chegar ó ideal de 'realidade virtual' que tantas veces vimos nas películas e que semella tan afastado. Despois da revolución que supuxo o mando interactivo da consola Wii e a súa 'actualización' para os pés, que sairá en 2008, chega o último gadget para as consolas: o chaleco '3rd Space'.

Da ciencia ó ocio
De novo, os avances da ciencia traspásanse ó ámbito do ocio. Un médico estadounidense creou un chaleco para palpar o corpo dos pacientes a distancia e recibir a súa reacción.

Agora, a súa versión simplificada, o '3rd Space' chegará ós xogos FPS (First Person Shooters) cuxa función é a de facer sentir os impactos de balas ou golpes que reciben as súas personaxes na pantalla. O dispositivo emprega a presión do aire para exercer presión nos lugares onde os xogadores foron golpeados, coma se estivesen en pleno campo de batalla.

Polo momento, este gadget funcionará só co xogo 'Call of Duty 2', o seu prezo ronda o 170 dólares e sairá á venda en novembro con conexión USB. O ano que vén tamén estará dispoñible para as modalidades de automóbiles e voos. ¿Atréveste a xogar?.

22/10/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

O chaleco '3rd Space' estará dispoñible en novembro
O chaleco '3rd Space' estará dispoñible en novembro

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso