Datos de interés

  • Domingo 12.10.2008

Despedida

Maragall deixa a política para loitar contra o Alzheimer


Etiquetas: Cataluña, PSOE, saúde

Xeración.

Só un día despois de anunciar a súa retirada do Partido Socialista de Cataluña, o ex presidente da Generalitat Pasqual Maragall, revelou hoxe que lle foi diagnosticado un principio de Alzheimer, polo que deixará a política para adicarse a combater a enfermidade.

Maragall responde así ós rumores "ás veces interesados" sobre a súa saúde que circulaban no ambiente político catalán. Asegura que lle adicará grande parte do seu tempo a combater a doenza, xa que "en ningún sitio está escrito que sexa invencible".

O político catalán anunciou que traballará con institucións e asociacións de afectados desta enfermidade dexenerativa, para tratar de eliminar os prexuízos que a acompañan. 

O que foi durante 15 anos alcalde de Barcelona mostrou o seu optimismo ó afirmar que "fixemos os Xogos Olímpicos, aprobamos e refrendamos o Estatuto e agora iremos a polo Alzheimer".

20/10/2007

5'0 (6 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Pasqual Maragall

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso