Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Iniciativa de Sanidade

Consello xenético para previr o cancro de mama


Etiquetas: cancro, muller

AGN (Santiago).

A Consellería de Sanidade ofertará a partir de 2008 consello xenético ás mulleres con alto risco de padecer cancro de mama, co obxectivo de detectar as probabilidades hereditarias de sufrir esta doenza por parte cada paciente, segundo a titular do departamento, María José Rubio.

Rubio explicou que esta medida forma parte do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller. "Detectar o cancro nunha fase inicial permite iniciar o tratamento con maiores garantías de éxito e mellora a supervivencia das mulleres que o padecen", sinalou a responsable da Sanidade Pública galega.

Profesionais de referencia
Xunta a esta iniciativa, Sanidade tamén prevé que cada muller teña a súa disposición un profesional médico de referencia, encargado de coordinar todo o seu proceso asistencial. Ó mesmo tempo, a Xunta garantirá o acceso de tódalas mulleres á cirurxía conservadora.

Respecto ós traballos de detección, a conselleira lembrou que máis de 300.000 mulleres galegas participaron dende 1992 no programa de detección precoz desta enfermidade deseñado pola Xunta. Só no 2006, máis de 123.000 mulleres recibiron no seu domicilio unha invitación para acudir a realizar unha mamografía, ó ampliar o grupo de idade ó que se dirixen as probas ata os 69 anos.

Segundo os datos facilitados pola propia consellería, un total de 431 mulleres galegas faleceron a causa do cancro de mama durante 2005, o que representa máis do 75% das mortes de mulleres que supera os 65 anos. En España, cada ano falecen preto de 5.700 mulleres debido a esta doenza, o 3,3% do total de mortes entre mulleres.

A prevención, factor clave

A medicación pode reducir nun 50 por cento o risco de padecer cancro hereditario de mama, mentres que a cirurxía preventiva o reduce por riba do 95%, unhas medidas que deben ser tomadas tras un asesoramento xenético correcto en unidades especializadas.

A detección precoz da enfermidade permite adoptar medidas en fases temperás, e polo tanto, incrementar a supervivencia. Nos programas de consello xenético defínese a poboación de “alto risco” que polos seus antecedentes familiares poidan padecer
fundamentalmente cancro de mama, de ovario e de colon, co fin de previlos.

Neles explícase aos pacientes cal é o seu risco real, non o risco que ás veces pensan que teñen, e ofrécenselles as medidas de prevención máis eficaces.

19/10/2007

5'0 (3 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Os tratamentos preventivos reducen as posibilidades de desenvolver cancro de mama
Os tratamentos preventivos reducen as posibilidades de desenvolver cancro de mama

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso