Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Centos de feridos

Máis dun cento de mortos en Paquistán nun atentado suicida contra Bhutto


Etiquetas: atentado, terrorismo, Paquistán

Xeración /Axencias.

Cando menos 130 persoas morreron e varios centos están feridas tralo dobre atentado desta madrugada en Karachi, ao sur de Pakistán. O ataque ía dirixido contra a ex primeira ministra Benazir Bhutto, que acababa de regresar ao país despois de oito anos no exilio, e que saiu ilesa do ataque.

O atentado suicida, que se produciu durante un desfile organizado para dar a benvida a Bhutto, é o maior cometido en Pakistán. Unha granada e unha bomba estouparon preto do camión blindado no que viaxaba a ex primeira ministra, que non resultou ferida.

Segundo explicou o xefe da policía de Karachi, Azhar Farooqi, primeiro lanzouse a granada contra a multitude que rodeaba o desfile, e a continuación, un terrorista suicida fixo estoupar a carga que levaba sobre el.

Ataque anunciado
De pouco serviron os máis de 20.000 efectivos das forzas de seguridade que tomaron a cidade, a máis poboada do país, ante as ameazas de que grupos islamitas atentasen durante a visita de Bhutto.

As autoridades paquistanís temían un ataque logo de que a prensa publicase as ameazas lanzadas por un comandante de combatentes islamitas relacionados con Al Qaeda e outros grupos talibáns implantados nas zonas do nordeste de paquistán. Bhutto estaba ameazada de morte, tras prometer en varias ocasións "erradicar do país a ameaza islamita".

A ex primeira ministra acabba de regresar ao seu país despois de oito anos no exilio. Foi xefa do Executivo entre 1988-90 e 1993-96 e abandonou o país en 1999 tralo derrocamento do Goberno nun golpe de Estado dirixido polo xeneral Pervez Musharraf no que non houbera derramamento de sangue.

O regreso dunha líder
O retorno da ex primeira ministra producíase en virtude dun acordo co actual presidente Musharraf para iniciar unha saída política e un proceso de reconciliación nacional. O actual goberno militar, permanece no poder dende o golpe de Estado de 1999, tralo que Bhutto estivera a punto de ser procesada por corrupción. Agora, en virtude do acordo selado entre os dous políticos, Benazir Bhutto queda amnistiada de calquera delito que puidera cometer durante os dous manadatos anteriores.

O obxectivo da líder política é presentarse ás eleccións de 2008, arroupando ao seu partido prodemocrático. Bhutto, moi respetada por un amplo sector da poboación de Paquistán. É a primeira muller que foi xefe de goberno nun país musulmán e tamén a primeira que dirixiu a República Islámica de Pakistán, unha potencia nuclear de 160 millóns de habitantes.

Á súa chegada en avión a Karachi, Bhutto foi recibida por milleiros de seguidores, que tamén acudiron ao desfile celebrado nas rúas da cidade. Na súa visita, reiterou a aposta pola democratización do Paquistán: "chegou o tempo da democracia, se queremos salvar o país do extremisomo precisamos a democracia, porque o terrorismo quere tomaro o meu país".

Respecto a un posible atentado contra a súa vida, Bhutto declarara, antes de en efecto producirse, que "o Islam condena os atentados suicidas. Se alguén quere atentar contra unha muller, rematará ardendo no inferno."

19/10/2007

4'8 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

O atentado ía dirixido contra a ex-primeira ministra paquistaní, Benazir Bhutto (Foto: Wikimedia Commons)
O atentado ía dirixido contra a ex-primeira ministra paquistaní, Benazir Bhutto (Foto: Wikimedia Commons)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso