Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Os servizos secretos modernízanse

¿Queres ser espía? Xoga ó Splinter Cell


Etiquetas: videoxogos

Xeración (Santiago).

Os servizos secretos xa non son o que eran. A cultura cinematográfica acostumounos a imaxinar os recrutamentos de espías como escenas nas que un axente observa o comportamento dun mozo e logo desliza unha misteriosa tarxeta ata as súas mans. Pero en pleno século XXI, tamén as 'axencias' deben adaptarse ou morrer.

E, sen dúbida, os servizos secretos británicos son uns dos máis vangardistas neste ámbito, conscientes da necesidade actual de aproveitar os novos métodos de comunicación para achegarse ó seu target. A última en dar un paso adiante é o Goverment Communications Headquarters (GCHQ), a oficina británica especializada en telecomunicacións que segundo o diario The Times, recorrerá ó mundo dos videoxogos para captar novos espías.

Vallas publicitarias
O xogo elixido é, como non, un de temática de espionaxe: 'Tom Clancy's Splinter Cell: Double Agent', do coñecido autor americano de intrigas políticas. Deste xeito, o GCHQ insertará vallas publicitarias para atraer recrutas con "coñecementos informáticos, tecnolóxicamente capaces e sagaces".

Un portavoz da institución asegurou que "cada vez máis temos que empregar medios menos convencionais para atraer á xente", indo máis aló dos dos folletos impresos en papel satinado ou percorrer diversos lugares. "Sabemos que non podemos permanecer inamovibles", concluíu.

Anuncios nos xornais
Esta non é a primeira vez que os servizos de espionaxe británicos empregan métodos 'a cara descuberta' para o recrutamento de axentes. O propio MI6, publicou o pasado maio e por primeira vez na súa historia, anuncios en xornais ofrecendo traballo, aínda que xa antes puxera un marcha a súa propia web na que se aceptan solicitudes de emprego.

Pouco a pouco, as 'axencias' saen das sombras e dos métodos tradicionais para empregar a tecnoloxía ó seu favor.

19/10/2007

4'8 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Portada do xogo elixido para recrutar axentes pola intelixencia británica
Portada do xogo elixido para recrutar axentes pola intelixencia británica

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso