Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Listas de agarda

Para operarse? Volva en 106 días


Etiquetas: Sergas, saúde, listas de espera

AGN/L-V.

O tempo medio que os pacientes galegos permanecen en lista de espera para someterse a unha operación cirúrxica situouse o pasado 30 de setembro en 106 días, doce menos que na mesma data que o ano pasado, segundo os datos anunciados polo Sergas. As cifras son, con todo, peores que as do 30 de xuño de 2007, cando a lista de espera se situou nos 80 días.

O Sergas móstrase aínda así satisfeito da evolución das listas de agarda. Entre os factores que impediron unha mellora máis contundente nos últimos meses, o secretario xeral do organismo, Cayetano Rodríguez Escudero, sinalou “a folga dos interinos e os problemas ao redor da OPE”. As especialidades con máis problemas no capítulo de listas de espera son traumatoloxía, oftalmoloxía e cirurxía xeral.

Consultas externas
Polo que respecta ao apartado das consultas externas, o tempo medio de espera situouse o pasado 30 de setembro nos 84 días, dous máis que hai un ano. Cirurxía vascular, traumatoloxía e xinecoloxía son as especialidades con máis atraso.

O Sergas recoñece a súa preocupación por este lixeiro ascenso, pero xustifícase en que as medidas postas en marcha para a súa redución darán resultado máis a longo prazo, posto que supoñen un cambio na organización e na citación dos pacientes.

Neste sentido, Rodríguez Escudero destacou a paulatina implantación na comunidade das consultas de acto único, para agrupar nun mesmo día todas as probas necesarias para detectar unha patoloxía. Este servizo pode supor un incremento a curto prazo das listas de espera, pero os resultados definitivos serán satisfactorios.

Distinta segundo o hospital
Por centros, Povisa, en Vigo, é o hospital galego no que os enfermos teñen que esperar máis tempo para ser operados (198 días). Tras el sitúanse o Xeral-Calde de Lugo, con 111 días, o Marcide de Ferrol, con 108 días, e o Juan Canalejo da Coruña, con 106 días. Nas consultas externas, o peor é o Hospital da Costa, con 108 días.

18/10/2007

5'0 (3 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Sé da Consellería de Sanidade (Foto: AGN)
Sé da Consellería de Sanidade (Foto: AGN)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso