Xeración.
Para que quere wi-fi un cementerio? Pois como case todo, para o Google. Nun camposanto de Kentucky ocorréuselles que sería unha boa idea instalar un punto de conexión sen fios, para que a xente que o visita poida facer buscas xenealóxicas.
Trátase do cemiterio de Oak Grove, o máis antigo de Paducah. Segundo os promotores da idea, o camposanto recibe numerosas visitas a diario, tanto de persoas da vila como turistas. Con internet, os visitantes máis conectados ás novas tecnoloxías poderían rastrexar a xenealoxía das lápidas e as biografías das persoas soterradas alí.
Conectar a historia co presente
Segundo explica o voluntario que se encarga do coidado do cemiterio, Gerald Harwood, nos seus 40.000 metros cadrados de terreo "hai máis dnunha lección de historia". O camposanto data de 1847, e nel están soterradas algunhas persoas coñecidas no entorno local, como a Jonh Scopes, un meste condenado por aprenderlles aos seus alunmos as teorías darwinianas da Evolución.
A Administración local considera ademais que darlle este impulso a que a xente poida rastrexar os seus ancestros axudará a revitalizar as raíces dos habitantes da vila.
A súa intención é tamén que este curioso punto wi-fi axude a "re-conectar" a envellecida vila de Paducah ás novas tecnoloxías, ademais de, por que non, atraer algúns turistas máis ao que seguramente sexa o primeiro cemiterio wifi do mundo.
Así, o cemiterio non será o único punto sen fíos da vila. Outras localizacións conectadas á rede serán a praza de Dolly McNutt, o parque de patinaxe, a piscina ou a estación ferroviaria.
18/10/2007