Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

81 rexistros en 36 horas

Nove galegos implicados nunha operación contra a pornografía infantil


Etiquetas: sucesos, pornografía, Xustiza, A Coruña, Vigo, Pontevedra

Xeración /AGN (Santiago).

Trinta persoas, unha delas galega, foron detidas no marco da 'Operación Santiago' contra a pornografía infantil, na que resultaron imputadas outras 44 persoas, das cales oito eran galegas. En conxunto, son presuntos autores dun delito de corrupción de menores, por distribuír e posuír imaxes de pornografía infantil a través de internet.

A operación desenvolveuse en 30 provincias, entre elas dúas galegas. Os arrestos practicados na comunidade rexistráronse na Coruña (catro detidos, un deles menor de idade), un en Vigo e outro en Pontevedra. As outras provincias implicadas no dispositivo son Barcelona, Madrid, Valencia e Alacante, nos que se realizaron de xeito coordinado ata 81 rexistros domiciliarios en menos de 36 horas.

Intervíronse diversos dispositivos informáticos con contido pedófilo: discos duros de ordenador, tarxetas de memoria, cedés e DVDs. En total, 350 gardas civís de 30 provincias españolas participaron nesta actuación.

"A maior operación da historia de España"
Esta operación foi dirixida polo Fiscal do Servizo de Criminalidade Informática, pertencente á Fiscalía Xeral do Estado, e levada a cabo pola Garda Civil, que localizou ficheiros de pornografía, vídeos e fotos de contido sexual explícito que se intercambiaban a través de arquivos P2P.

Segunda a Fiscalía no novo Servizo de Criminalidade Informática (SCI) foi cualificada como "a maior operación coordinada contra a pornografía infantil na historia de España". O director xeral da Policía e a Garda Civil, Joan Mesquida, asegurou que a macro operación afecta a 1.300 persoas en todo o mundo polo que a Garda Civil colabora coas respectivas policías para identificar ós presuntos pedófilos.

Galicia é a comunidade autónoma na que apareceron os primeiros casos e no que se produciron máis detencións, polo que a causa xudicializouse en Pontevedra.

17/10/2007

4'8 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

A 'Operación Santiago' ten implicados en todo o mundo (Foto: www.mir.es)
A 'Operación Santiago' ten implicados en todo o mundo (Foto: www.mir.es)

Buscar máis información sobre








Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso