Xeración (Santiago).
O humor gráfico galego perde unha das súas páxinas web de referencia, despois de que Aduaneiros sem fronteiras decidise pechar o seu site ante a presión exercida polo representante legal de Yolanda Castaño por un post onde a poetisa era a protagonista.
A devandita entrada contaba cunha animación na que a autora estaba representada como un dos asasinos de César. Aduaneiros criticaba así que Castaño defendese nun primeiro intre a Isaac Díaz Pardo no conflito con Sargadelos e que logo pasase a ser a responsable da súa tenda na Coruña. Os usuarios podían vestir e espir á coñecida poetisa nesta inocente animación flash .
A web non só recibiu o recoñecemento dos internautas durante o seu tempo na Rede, senón que tamén recibiron premios á súa labor como a Curuxa gráfica do Museo do Humor de Fene o pasado mes de abril. A partires de agora 'os santos mistérios da sociedade, política e cultura galegas' quedan orfos da súa versión on-line.
Comunicado de Aduaneiros sem fronteiras:
"Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico 'Tu Quoque Iolanda?' e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar.
16/10/2007
que pouco sentido do humor...
Non che hai sentidiño do humor ningún (e do outro tampouco)...
En fin, esperemos que sexa temporal.