Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Alegación de Vivenda

O paso do AVE polo parque empresarial do Carballiño provocaría a perda de 592 postos de traballo


Etiquetas: AVE, O Carballiño, traballo

A Consellería de Vivenda presentou ante Fomento unha alegación na que pide a modificación do trazado do AVE ó seu paso polo Carballiño. Sostén que, de verse afectado o parque empresarial, impediríase a implantación de 16 novas empresas e perderíanse ata 592 postos de traballo.

Xeración (Santiago).

A Consellería de Vivenda presentou unha alegación ante o Ministerio de Fomento coa que pretende evitar que o trazado do AVE ó seu paso pola localidade ourensá do Carballiño afecte ó seu parque empresarial.

Advirte de que impediría a implantación de 16 novas empresas no Polígono Industrial, actualmente en proceso de ampliación, e de que afectaría ás 33 empresas xa instaladas. Perderíanse, segundo a Consellería, ata 592 postos de traballo directos.

Deste xeito, Vivenda propón desbotar as alternativas de trazado 1 e 4 para aplicar as 2 e 3, que transcorren polo norte do Carballiño e que permitirían a unión de Ourense e Vigo sen causar prexuízos no tecido empresarial da vila. Asi mesmo, defende estes vieiros por considerar que posúen un custo moito menor, tanto na execución da obra coma na adquisición dos terreos.

Para o departamento que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, a alternativa 1 é máis molesta, ademais, dende un punto de vista medioambiental e da funcionalidade ferroviaria.

16/10/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Mapa do parque empresarial do Carballiño
Mapa do parque empresarial do Carballiño

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso