Datos de interés

  • Venres 03.09.2010

Na librería Couceiro

Erin Moure presenta a edición galego-inglés do poemario 'Teatriños ou aturuxos calados'


Etiquetas: libro, literatura, lingua, Santiago

AGN (Santiago).

A escritora canadense Erín Moure presenta hoxe martes en Santiago a edición bilingüe galego-inglés do poemario Teatriños ou aturuxos calados, xunto á tamén poeta Chus Pato e ao responsable de edicións en Galaxia, Carlos Lema. O acto desenvolverase ás 20:00 horas na librería Couceiro da capital galega.

Teatriños ou aturuxos calados é un dos poemarios máis importantes de Moure, traducido ao inglés por María Reimóndez. O libro foi concibido a partir dunha estadía da autora en Galicia e do seu contacto co idioma e a cultura galega.

Con este mesmo poemario, Moure foi finalista do Griffin Poetry Prize no ano 2006, un dos premios máis importantes da literatura anglófona do mundo.

O poemario é unha encrucillada de linguas e voces no que o inglés e o galego flúen como correntes dun mesmo río, xa que algúns dos poemas foron escritos orixinalmente en galego e logo trasladados ao inglés pola autora, segundo informa a editorial nun comunicado.

Unha carreira vinculada á poesía
Erín Moure naceu en Alberta (Canadá) en 1955. A súa obra abrangue doce títulos de poesía, como A frame of the book, Search Procedures, Furious, WSW, O cidadán e O cadoiro, nos que amosa a súa paixón pola mestura de linguas.

16/10/2007

5'0 (3 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Erin Moure concebiu o libro despois dunha estadía en Galicia (Foto: quebecbooks.qwf.org)
Erin Moure concebiu o libro despois dunha estadía en Galicia (Foto: quebecbooks.qwf.org)

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso