Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

O primeiro ministro, contra as cordas

Ehud Olmert, novamente investigado por corrupción


Etiquetas: corrupción, Xustiza, Israel

Xeración.

As causas xudiciais acumúlanse contra Ehud Olmert que ve como a súa cabeza podería caer pronto na balanza da xustiza. O fiscal xeral de Israel, Menajem Mazuz, solicitou abrir unha investigación criminal contra o primeiro ministro por presuntos delitos de corrupción durante a súa etapa no ministerio de Industria de Comercio, cando aínda estaba ás ordes de Ariel Sharon, entre os anos 2005 e 2006.

Desta vez, Olmert está acusado de favorecer a colaboradores próximos na contratación de postos chave deste organismo, concretamente na Autoridade de Pequenas e Medianas Empresas.

Tamén se investiga seu papel na concesión de subvencións públicas a empresas 'casualmente' representadas polo seu avogado persoal, Uri Messer, colaborador dende a súa época de aspirante á alcaldía de Xerusalén.

Debilitamento político
Tampouco é o seu único problema xudicial. Hai poucos días era interrogado pola polícía por outro delito de corrupción, desta vez relativo á súa etapa como ministro de Economía. Outra carteira e outro suposto caso de favor, neste caso a un magnate australiano durante o proceso de privatización do Banco Leumi, unha das principais entidades financeiras do país.

Este mesmo verán, o fiscal do Estado xa abrira outra investigación, por beneficiar a un cargo público na compra dunha vivenda.

De momento, estas pesquisas non forzarán de momento a dimisión de Olmert, pero contribúa a debilitar a súa imaxe, cada vez máis cuestionada dende a guerra do Líbano e os combates contra Hezbolá. Coa súa popularidade polo chan, quen sabe se esta pode ser a gota que marque o seu final á fronte do gabinete do 'substituto natural' de Ariel Sharon.

Lista de corruptelas
Estes problemas xudiciais parecen ser xa tradición no cargo. As causas por corrupción e tráfico de influencias contra os representantes do goberno. Só a presión do conflito con Palestina parece actúar de argamasa para manter unidas as diferentes coalicións de goberno e someter o descontento popular, pero o descrédito da clase política é alto, como confirman as taxas de abstención cada vez máis elevadas.

Na lista de investigados non faltan ex-primeiros ministros, sen distinción de cores nin ideoloxías. Antes de Olmert, foran Netanyahu, Barak ou Sharon os que se viron as caras coa Xustiza, pero sempre esquivando a última hora o banquiño dos acusados.

Ariel Sharon fora investigado en 2003, cando aínda pertencía ó Partido Likud, pola súa presunta implicación en subornos durante as primarias 1999, nas que se faría co liderado da organización. Varios membros do partido recibiron pagos para apoialo e o propio Sharon fora acusado de recibir un préstamo de millón e medio de dólares para encubrir estas débedas electorais.

Finalmente a causa contra Ariel Sharon foi arquivada, non así respecto ós seus fillos, que tamén viron os seus nomes involucrados noutros escándalos de corrupción. Gilad Sharon recibiu centos de miles de dólares por promover un proxecto turístico en Grecia e a policía investigou se Sharon, por aquel entón ministro de Exteriores, axudara a que autoridades gregas aprobaran a venda dos terreos usados.

Pola súa banda, o ex primeiro ministro Benjamin Netanyahu tamén se viu implicado en varios delitos de corrupción. El e a súa muller estaban presuntamente relacionados coa transferencia de fondos fiscais a un contratista, malia que a causa foi finalmente arquivada. O outro escándalo, que dou unha estocada case definitiva á súa popularidade foi a acusación de apropiarse de regalos de alto valor -especialmente obras de arte- durante a súa etapa como xefe de goberno.

15/10/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Olmert, Sharon e Netanyahu, tres primeiros ministros investigados pola xustiza de Israel
Olmert, Sharon e Netanyahu, tres primeiros ministros investigados pola xustiza de Israel

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso