E.P..
As festas cque ongregaron polo menos a 900.000 persoas en Lugo, todo un récord, despedíronse cunha nova avalancha de visitantes e a consideración de evento de referencia para toda a provincia. A Policía Local estimou que nas dúas últimas xornadas se achegaron á cidade lucense preto unhas 340.000 persoas, o que encheu as rúas de actividade, pero tamén de constantes atascos ao longo da xornada.
A feira medieval foi a actividade máis destacada deste venres, igualando case o do Domingo das Mozas. En todo caso as autoridades amosáronse satisfeitas coa afluencia de pública.
A concelleira do PP Alicia Pena tamén se queda cun balance positivo das festas, aínda que se fixo eco das carencias no dispositivo de seguridade. A folga de brazos caídos da Policía Local obrigou á Nacional a asumir funcións de vixilancia.
O portavoz do BNG, Xosé Anxo Lage, insistiu en que o programa pecou de "certa improvisación". O edil destacou sobre todo os bos resultados do desfile gandeiro polo centro da cidade e do escaparate agrogandeiro de Expolugo.
Sombras
E é que non todo son luces no San Froilán. Arredor de tres eixos de atracción -o polbo, a feira e as barracas- dáse un fenómeno de masificación do que derivan algúns problemas. Lugo é unha cidade de rúas estreitas, onde circular en coche durante as festas e unha misión case imposible.
Tamén a limpeza e o ruído seguen a ser materias pendentes do San Froilán, mesmo se este ano a situación de hixiene mellorou un pouco coa colocación de cabinas sanitarias. No relativo á seguridade, este ano non hai que lamentar sobresaltos notables malia a folga de brazos caídos da Policía Local. É o segundo ano consecutivo que este conflito laboral afecta á festa.
13/10/2007