Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Reciclaxe

Asfalto feito con neumáticos para as rúas coruñesas


Etiquetas: tráfico, medio ambiente, A Coruña

AGN (A Coruña).

O Concello de A Coruña comezará a empregar un novo método para pavimentar algunhas das rúas do centro da cidade. Usarán un composto fabricado con neumáticos reciclados para reducir o ruído do tráfico.

Este produto, coñecido como betume de pó de neumático, usarase para pavimentar as rúas da Torre e San Juan, e o entorno da praza de España. O composto foi desenvolvido por Repsol YPF e consiste en mellorar o betume con caucho de neumático reciclado. Ademais da diminución da contaminación acústica orixinada polas rodas dos coches, resólvese un problema medioambiental, a acumulación de neumáticos en vertedoiros.

Esta é a segunda vez que o concello utiliza este material, aínda que na anterior ocasión non se asfaltaron rúas, senón os aparcadoiros de Salvador de Madariaga, unha obra na que se reciclou medio milleiro de neumáticos.

A concelleiro de Infraestruturas, Esteban Lareo, xa anunciou que antes de fin de ano tamén se mellorará o pavimento no xardín perimetral de Méndez Núñez, a praza Elíptica a rúa Corralón e o comezo de Juan Canalejo.

En total, o plan de asfaltado integral da cidade requiriu máis de 10 millóns de euros de inversión nos dous últimos anos.

11/10/2007

5'0 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Neumáticos ciscados
O betume de pó de neumático permite reducir a acumulación de rodas vellas nos verquedoiros

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso