Datos de interés

  • Xoves 24.07.2008

Candidatura ó ICANN

A Asociación PuntoGal obtén novos fondos para a carreira polo dominio galego


Etiquetas: internet, lingua, puntogal

Xeración /AGN (Santiago).

A Asociación PuntoGal avanzou outro chanzo para impulsar o dominio .gal, despois de a Consellería de Innovación e Industria fixese público un convenio de colaboración mediante o cal, o departamento autonómico aportará 186.000 euros á iniciativa.

O obxectivo principal é que a asociación emprenda as xestións precisas para que a Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN) aprobe este dominio. A aportación económica destinaráse a costear os traballos técnicos e os custes que o ICANN impoña para presentar a candidatura galega.

Do mesmo xeito, esta contía garantirá a presenza da Asociación PuntoGal naqueles eventos internacionais promovidos por este organismo e a contratación de stands dentro da campaña promocional do dominio galego.

A próxima reunión do organismo internacional terá lugar en Los Ángeles a finais de outubro. Nesa reunión o ICANN informará dos requisitos que esixirá ós candidatos a obter dominio propio.

10/10/2007

4'9 (10 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

PuntoGal leva recollidas máis de 6.000 firmas de apoio (Foto: web de PuntoGal)
PuntoGal leva recollidas máis de 6.000 firmas de apoio (Foto: web de PuntoGal)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso