Erasmo.
O que está a suceder día a día nun lugar do mundo chamado Caurel non ten nome.
Fixádevos con atención nas diapositivas como avanza inexorable a cobiza humana, amparada pola neglixencia e silencio dos gobernantes desta terra !
Ó mesmo tempo que o Goberno de España anuncia unha lexislación medioambiental moi avanzada, disque o que contamina ou atenta contra o medio natural:
PAGA e queda obrigado a RESTAURAR os danos ocasionados!
Mentras dan noticias sobre o deslinde marítimo-terrestre que botará abaixo varias casas en Moaña para defender unha política –disque- sustentabel na costa galega...
Galicia segue a ser UN MUNDO Ó REVÉS: eiquí pagamos (subvencionamos) ás empresas que cometen atentados irreparables contra o noso medio natural, e silenciamos as máis de 21.000 sinaturas entregadas por SOS COUREL contra este atentado que borrará para sempre da nosa memoria un mundo natural que fomos capaces de facer co traballo calado de moitas xeracións de galegas e galegos nesta terra... un atentado contra tódalas recomendacións europeas sobre desenvolvemento sustentable...!!!
NON DEIXEMOS MORRER O COUREL !!!
Aínda estamos a tempo de parar os pés ós especuladores...!!!
¿Teremos que arquivar O Courel na memoria colectiva deste pobo que, segundo algúns, rexurdirá algún día coma nación sobrerana?
MENTIRAS... só un fato de MENTIRAS !!!
Se non loitamos polo que é noso ninguén o vai facer por nós, e algúns aínda andan a pedir indemnizacións polos efectos contaminantes do fuel do Prestige !!!
VERGOÑA deberan sentir ante o crime que están a perpetrar contra a TERRA deste POBO MILENARIO !
Parece que non queda outra: teremos que ser a Sociedade Civil quen leve adiante a reivindicación xusta de converter O Courel – Ancares nun Parque Natural que máis alá dun conservacionismo miope faga destes soutos e vales un lugar no mundo para vivir respectando a natureza e medrando no sector de servizos para facer posible un futuro digno nestas bisbarras castigadas dende séculos polo esquecemento de tódalas administracións: é hora de INVESTIR nun futuro sustentable para esta terra única!
Todos sabemos que é cuestión de facer VISIBLE o problema.
Pero cómo, cando os que teñen os medios para facelo dan as costas e calan cómplices!
Será Internet o lugar onde salvar O Courel… do esquecemento e da inxustiza?
NON DEIXES MORRER O COUREL !!!
soscourelsos.blogspot.com
09/10/2007
Noraboa pola nova cabeceira GALICIAE e gracias polo vosa atención esmerada á hora de publicar as novas e denuncias sociais que foron enviadas a Xeración Web.
Supoño que TODOS botaremos en falla a posibilidade de publicar en Esfera Libre as nosas reportaxes e reclamacións.
Se tedes oportunidade de ENGADIR unha GALICIAE LIBRE ! sería algo que faría aínda máis grande o voso esforzo.
Moitas grazas e moita sorte...!!!