Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Ciencia

ADN


Etiquetas: Rosa Aneiros, ciencia, I+D+i

Rosa Aneiros.

¿Sabía vostede que os seres humanos somos nun 99,9% idénticos? ¿e que existe máis parecido xenético entre dous seres humanos que entre dúas formigas? ¿e que os europeos somos máis semellantes entre nós que, por exemplo, os chineses? ¿Sabía que existen máis de dous milleiros de enfermidades xenéticas que podemos detectar prenatalmente? ¿E que as probas xenéticas serven para que moitos delincuentes estean entre reixas pero tamén para que moitos inocentes non sexan condeados por delitos que non cometeron?¿Sabía que a través do ADN podemos saber as enfermidades que teremos no futuro, o que facilita o labor de prevención?

A función da ciencia reside en buscar resposta a preguntas que nos inquietan día a día pero tamén abrir novos interrogantes. A ciencia é un elo continuo que se fortalece coas achegas de milleiros de cerebros que pelexan por dar coas claves da vida. Pero tamén ten límites.

Precisamente deles falou o catedrático de Medicina Legal Anxo Carracedo en Pontevedra. A súa conferencia, baixo o título de “CSI made in Galicia: que se pode saber a través do ADN” levouno a aclarar aqueles falsos mitos que, de tan divulgados polas series de televisión e casos mediatizados, chegamos a asumir ás toas. Pero como bo científico, o doutor Carracedo non se limitou a ofrecer respostas senón a formular preguntas que nos fagan cuestionarnos aspectos legais e éticos que algún día deberemos abordar lexislativamente. E tamén a afirmar que a gran revolución xenética está por chegar. Para iso, Galicia está preparada cun equipo humano de gran valía científica e prestixio internacional. Porque para saber a onde imos, primeiro debemos saber que somos e cales son os límites do noso corpo.

09/10/2007

4'8 (8 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso