Xeración (Santiago).
O Deportivo conseguiu levarse os tres puntos do Sánchez Pizjuán ante o Sevilla, despois de gañar por 0-1. Esta vitoria supón un respiro para os coruñeses, despois de tres partidos sen gañar.
O gol fíxose agardar, chegando no minuto 72 do partido obra de Riki, quen tivo a portería para si só á hora de marcar. Só dous minutos máis tarde, o colexiado anulou un gol ó sevillista Kaonuté. Os de Lotina non deron ningunha concesión e aínda que o xogo non foi brillante, souberon aproveitar á perfección o mal momento do Sevilla.
A vitoria dos galegos supón a cuarta derrota dos xogadores de Juande Ramos no que vai de Liga, unha creba do bo momento que o equipo experimentou nas últimas tres tempadas.
07/10/2007