Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Forestal

Operarios romaneses e peruanos cobren a falta de man de obra no monte galego


Etiquetas: Medio Rural, emigración, forestal

Nair Mesejo. AGN.

Os montes de Galicia perderon parte do atractivo que antes tiñan para os traballadores da comunidade. As madeireiras comezaron a advertir unha progresiva redución da man de obra galega a finais dos anos noventa.

As máis afectadas son as firmas adicadas á tala e extracción da madeira dos montes. O oficio de motoserrista pasou a ser considerado colectivo de difícil ocupación na clasificación do Ministerio de Traballo. De aí que a Federación Empresarial de Aserradores e Remantantes de Madeiras de Galicia (Fearmaga) iniciase a busca de man de obra en países estranxeiros.

A tramitación destes contratos supón un lento procedemento burocrático de case doce meses. Aínda así, despois dos resultados da primeira experiencia no 2001, cada vez máis empresarios se animan a buscar no 'mercado exterior'.

Case 300 traballadores

Nos últimos cinco anos foron contratados 273 operarios romaneses e peruanos por algunhas das madeireiras integradas en Fearmaga. E a organización está pendente de concluír os proceso de incorporación doutros 140 novos traballadores de Perú, un proceso que se retrasou despois do terromoto que sacudiu ó país andino no mes de xullo.

A metade dos operarios acollidos polas madeireiras da comunidade no 2006 renovou por outro exercicio máis. Ademais, a responsable de Fearmaga asegura que é habitual que os traballadores con perspectivas de alongar a súa estancia en Galicia decidan traer as súas familias dende os países de orixe.

A secretaria xeral de Fearmaga, Ana Oróns, sostén que o pasado emigrante dos galegos serviulles ós empresarios para facilitar a integración dos traballadores. "Os romaneses tiñan dificultades relacionadas co idioma", apunta, polo que se tentou fomentar a súa reagrupación.

Salario equiparado

O salario que dos operarios estranxeiros debe equipararse ó dos traballadores galegos. Ana Oróns mantén que as súas condicións son exactamente as mesmas que as que outro empregado da empresa".

Mihai Iftime, de 32 anosdecidiu participar nas probas de selección despois de once anos de experiencia no sector madeireiro romanés.  Este mes cúmprense tres anos dende a súa chegada e mesmo se afirma que o seu soldo supera lixeiramente o que obtiña no se país,  recoñece que volverá ó seu fogar a medio prazo. "Gústame a forma de vida española e o aprendizaxe da lingua non foi difícil xa que é latina como a miña, pero quero ver medrar ó meu fillo en Romanía".

Outros como Hilario Reyes, peruano de 30 anos, si consideran establecerse aquí. Traballa dende hai ano e medio na firma Forestal Cando, en San Sadurniño (A Coruña) e valora especialmente a acollida e o esforzo por facilitar a adaptación. "Sentímonos como traballadores españois".

 

03/10/2007

4'9 (15 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Aserrador cortando unha árbore
Os operarios estrenxeiros cobren postos de traballo vitais para o sector (Foto: AGN)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso