Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Enlace cos grupos colombianos

Detida a 'Raíña do Pacífico', coñecida narcotraficante mexicana


Etiquetas: drogas, México

Iolanda Fernández (Santiago).

A policía mexicana detivo a Sandra Ávila Beltrán, 'a Raíña do Pacífico' e ao seu mozo, o colombiano Juan Diego Espinoza Ramírez, máis coñecido como 'El Tigre'. Segundo a Secretaría de Seguridade Pública Federal (SSP), os dous narcotraficantes eran os principais enlaces cos grupos colombianos na compra e venda e cocaína.

En declaracións á prensa, o subsecretario de Estratexia e Intelixencia Policial, Patricio Patiño, asegura "ter asestado un duro golpe ao narcotráfico, xa que ambos eran membros no trasego de cocaína de Sudamérica a México". Ademais de estar na lista dos narcotraficantes máis buscados pola Axencia Antidrogas de Estados Unidos (DEA).

Sandra Ávila Beltrán está acusada de tentar introducir en México nove toneladas de cocaína no ano 2002. A droga estaba valorada por aquel entón en aproximadamente 80 millóns de dólares.

Longa estirpe
Con todo, a 'Raíña do Pacífico' podería ser entregada aos EE.UU dun momento a outro. Dende 2004 existe unha orde de extradición para ser xulgada nese país por "conspiración e tráfico de drogas".

Sandra Ávila Beltrán foi detida ao sur de México D.F ao volante dun BMW. Nun primeiro momento identificouse como Daniela García, pero durante o interrogatorio recoñeceu a súa verdadeira identidade

A 'Raíña' pertence a unha gran familia de narcotraficantes. O seu tío avó, Juan José Quintero Payán, foi extraditado en xaneiro do 2007 a EE.UU e o seu tío Miguel Ángel Félix Gallardo, foi un dos grandes capos dos 70.

29/09/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

A 'Reina do Pacífico' no momento da súa detención (Foto: Secretaría de Seguridade Pública Federal)
A 'Reina do Pacífico' no momento da súa detención (Foto: Secretaría de Seguridade Pública Federal)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso