Datos de interés

  • Xoves 11.03.2010

Día Europeo das Linguas

O BNG denuncia que a Mesa da Eurocámara 'impide' falar galego ós eurodeputados


Etiquetas: lingua, UE, BNG

Xeración /AGN (Santiago).

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciou hoxe, xornada na que se celebra o Día Europeo das Linguas, que o galego non sexa aínda lingua oficial no Parlamento Europeo e que, polo tanto, non poida ser empregada polos eurodeputados galegos.

A responsable de asuntos europeos do BNG, Ana Miranda, lamentou que a Mesa da Eurocámara, órgano responsable das cuestións lingüísticas nesta institución, "impida que a lingua galega, vasca e catalá poidan ser usados polos eurodeputados de Galicia, Euskadi e Cataluña".

En xullo do ano pasado, a Mesa (formada polo presidente do Parlamento e os seus catorce vicepresidentes) alegou dificultades técnicas para impedir o uso destas linguas no pleno da Eurocámara, aínda que si aprobou que os cidadáns puidesen enviar cartas á institución e recibir resposta nas mesmas.

Recoñecemento sen cooficialidade

Ana Miranda lembra que en xuño de 2005, o Consello de Ministros da UE, en resposta a unha petición de España, acordou o emprego do galego, o vasco e o catalán nas institucións comunitarias, pero sen elevalas á categoría de linguas oficiais da Unión.

Neste senso, Miranda considera que "habería que conseguir a oficialidade plena" modificando o Regulamento de 1958 que fixa o "réxime lingüístico da UE", de xeito que "os representantes da nosa cidadanía puidesen expresarse en Bruxelas na súa lingua".

A representante nacionalista entende que esas decisións do Consello de Ministros e da Mesa do Parlamento Europeo, "vulneran o cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa".

26/09/2007

5'0 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso