Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Consumo e condución

Tráfico estuda facer análises obrigatorias de drogas en Galicia


Etiquetas: drogas, tráfico

Xeración /AGN (Santiago).

Ó igual que xa sucede cos controis de alcolemia, os condutores galegos poderían ter que facer análises obrigatorias sobre o consumo de drogas, dacordo coas intencións da Dirección Xeral de Tráfico, que podería amparar a iniciativa nas investigacións que neste campo desenvolven toxicólogos da Universidade de Santiago.

Este será, sen dúbidas, un dos temas que se aborde no XVII Congreso Español da Asociación Española de Toxicoloxía, que se celebrará na Facultade de Medicina de Santiago entre o 26 e 28 de setembro e que hoxe presentaron os presidentes do comité organizador, Manuel López-Rivadulla, e do científico, Ana Bermejo.

O profesor López-Rivadulla sinalou que o grupo de toxicólogos santiagués traballou xa nun proxecto europeo e que o fai actualmente na análise de 3.000 mostras de saliva a partir de controis voluntarios de Tráfico ós condutores sobre consumo de tóxicos e drogas. Agora estase plantexando a posibilidade de que esas análises sexan obrigatorias.

Mostras alternativas
Precisamente, entre os diversos temas que se abordarán no congreso, adicarase unha atención especial ó emprego de mostras alternativas para detectar no corpo a presenza de ditos produtos, así como as novas posibilidades en canto a interpretación de resultados.

Dacordo co profesor, as oportunidades que se abren co estudo paralelo entre niveis de droga e fármacos en sangue ofrecen novas posibilidades de interpretación e valoración das intoxicacións.

A detección de tóxicos é posible non só cando se conduce, senón nos centros de traballo ou en hospitais. Os resultados obtidos nun primeiro intre contrástanse logo no laboratorio, de onde poden saír resultados analíticos fiables sobre se a inxesta de determinados produtos provocou dificultades para poder conducir. No caso positivo, podería falarse xa de delito e da existencia dunha proba para o xuíz.

25/09/2007

5'0 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Campaña contra as drogas da DGT
A Dirección Xeral de Tráfico podería colaborar coa USC para realizar análises toxicolóxicos

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso