Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Continúan as manifestacións

O 'exército azafrán' resiste as ameazas da xunta militar birmana


Etiquetas: conflito, Myanmar

Axencias/Xeración.

O medo a que se repitan as mesmas esceas de represión militar que en 1988 xa invade as rúas de Myanmar (antiga Birmania), pero iso non impide ós monxes budistas de Birmania protagonizar as maiores protestas cívicas do país en máis de vinte anos.

A televisión estatal, controlada ó igual que o resto de medios pola Xunta Militar, chamaba onte a que os monxes puxeran fin a súa protesta pro-democrática e a que se manteñan á marxe dos asuntos políticos.  Á noite, o xeneral Thura Myint declaraba que o goberno non dubidaría á hora de tomar medidas contra a xerarquía relixiosa se os monxes “non entran en razón”. Nunha mostra de foza, a Xunta Militar que goberna con man de ferro o país e o mantén nun peche orwelliano dende hai catro décadas, comezou a sacar os tanques á rúa.

Desafiando as ameazas, os monxes continúan as manifestacións que duran xa unha semana, a protesta máis longa na historia do país. O movemento amplificouse nas últimas horas, con case 100.000 persoas en Iangon, liderados por máis de 20.000 monxes budistas, punta de lanza do 'exército azafrán' que fai tremer os cimentos da ditadura militar máis lonxeva do mundo. O 'faro' da protesta é a pagoda Shwedagon, un importante enclave relixioso onde precisamente os tanques comezaron o seu despregue.

Décadas de conflito
As protestas comezaron o pasado mes de agosto cando o custo de moitos alimentos básicos se quintuplicou polo aumento considerable dos prezos dos combustibles, decretado por lei. A Liga Nacional pola Democracia (LND), único partido de oposición liderado por Aung San Suu Kyi, premio Nobel da Paz que está baixo arresto domiciliario dende o 2003.

Tras isto o Goberno militar arrestaba a 13 activistas, dos cales sete eran integrantes do grupo pro democracia 'Estudantes Xeración 88', unha entidade que xogou un papel clave no alzamento de 1988 e que foi reprimido de xeito violento polos militares, que non permiten a celebración de eleccións lexislativas dende 1990, cando a LND conseguira unha vitoria abrumadora que foi negada polo exército.

Escasa resposta internacional
A tensión vai en aumento e as embaixadas e chancelerías de todo o mundo recomendan ós estranxeiros que saian do país e que os turistas que tiñan previsto chegar a Myanmar anulen a súa viaxe. Reporteiros sen Fronteiras (RSF) e a Burma Media Association (BMA) anunciaron que a xunta militar ameazou con represalias ós xornalistas locais que se asocien cos manifestantes. BMA sospeita ademais que a Xunta Militar está infiltrando membros do exército entre os manifestantes, ataviados con túnica e coa cabeza rapada, para provocar incidentes que xustifiquen unha represión violenta.

Como case sempre nestes casos, a diplomacia reacciona lentamente. Dende Estados Unidos anúncianse novas sancións contra Myanmar e lanzarase hoxe un chamamento á revolución política no país. China, principal aliado internacional da Xunta Militar e que conta cunha influencia estratéxica e económica na zona, insta a que se “xestione de maneira adecuada” a protesta.

25/09/2007

4'8 (12 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

A activista Aung San Suu Kyi é unha das figuras máis coñecidas contra a Xunta Militar
A activista Aung San Suu Kyi é unha das figuras máis coñecidas contra a Xunta Militar
Pagoda Shwedagon, 'faro' das protestas budistas (Foto: shwedagon.org)
Pagoda Shwedagon, 'faro' das protestas budistas (Foto: shwedagon.org)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso