Datos de interés

  • Venres 03.09.2010

Provincia de Guipúscoa

A Ertzaintza atribúe a ETA o atentado na comisaría de Zarautz


Etiquetas: violencia, ETA, País Vasco

Xeración.

Un artefacto explosivo estoupou preto da 1:30 desta madrugada no exterior da comisaría da Ertzaintza en Zarautz (Guipúscoa) sen provocar máis que danos materiais nos garaxes e nos vestiarios do local. Segundo as primeiras investigacións da Ertzaintza, o explosivo foi colocado pola banda terrorista ETA

A bomba, que se atopaba nun muro exterior das dependencias policiais causou un furado de case dous metros de diámetro na parede da comisaría, e a rotura de cristais de moitos edificios próximos.

Atribución da autoría a ETA

O artefacto contiña cinco quilos de explosivo aínda sen determinar. A ausencia de aviso previo fixo pensar nun principio que se trataba dun acto de violencia urbana, unha hipótese reforzada pola campaña de presión que está a levarse a cabo dende a 'kale borroka' contra a policía autonómica vasca.

Con todo, as forzas de seguridade confirmaron nas últimas horas que o explosivo foi colocado pola organización terrorista ETA. Convértese así noutro máis na lista de atentados con bomba que a banda leva realizando dende a ruptura da tregua.

Trece detidos
Este atentado coincide coa detención na localidade francesa de Baiona de trece persoas vinculadas a violencia urbana no País Vasco. Entre eles atopábase Urtzi García Montero, relacionado co 'Comando Donosti' da banda terrorista, e Gorka Betolaza, pertencente á ilegalizada organización xuvenil Jarrai.

25/09/2007

5'0 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso