Datos de interés

  • Domingo 21.03.2010

Díaz Pardo: Creación e compromiso

Persoeiros da cultura galega analizan nun libro a figura de Díaz Pardo


Etiquetas: Díaz Pardo, Deputación da Coruña

Anxa Correa. AGN (Santiago).

Un total de 40 persoas destacadas da cultura, a empresa, a comunicación e a política colaboran na publicación Isaac Díaz Pardo: Creación e compromiso na Galicia do século XX, na que analizan a obra, os proxectos e a personalidade do intelectual galeguista.

O volume está coordenado por Xosé Díaz, fillo de Díaz Pardo, e Guillermo Escrigas, e editado pola Deputación da Coruña.  O libro presentouse hoxe nun acto no que o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, definiu esta obra como "o traballo máis completo" feito ata agora sobre o intelectual galeguista.

Sinalou ademais que o libro “é a mellor homenaxe que a Deputación pode facer a este artista e intelectual, memoria viva do noso país", que ademais de ser testemuña do século XX "ten gañado xa un posto de honra na nosa historia pola exemplaridade da súa conducta e o seu rotundo compromiso con Galicia”.

Entre os colaboradores no volume figuran persoeiros tan diversos como Ramón Villares, Xavier Seoane, Manuel Rivas, Ramón Chao, Xosé Neira Vilas, Francisco Fernández del Riego, Xosé Manuel Beiras, ou Manuel Fraga. O volume forma parte da colección 'Grandes Pintores', editada pola Deputación, que en anteriores entregas se centrara en artistas como Luís Seoane, Carlos Maside, Rogelio Puente e Lago Rivera.

23/04/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso