Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Nun vídeo

Al Qaeda pide a 'limpeza' do Magreb: a máquina do medo arranca de novo


Etiquetas: xeopolítica, Bin Laden, terrorismo, Al Qaeda

O número dous da rede terrorista Al Qaeda, Ayman al Zawahiri, pídelle nun vídeo ós seus seguidores que "limpen" o Magreb "dos fillos de España e Francia", e anuncia a derrota dos EEUU en Afganistán e no Iraq. Así mesmo, un aviso colgado en Internet advirte de que Bin Laden lle declarará a guerra a Pakistán nos vindeiros días.

Xeración/Axencias (Santiago).

A máquina do medo pónse en marcha unha vez máis. Desta volta a estrela do vídeo difundido por Al Qaeda non é Osama Bin Laden, senón Ayman al Zawahiri. O número dous da rede terrorista pídelle ós seus seguidores que "limpen" o Magreb dos "fillos de España e de Francia". Dos Estados Unidos dá por sentada a súa derrota tanto en Afganistán coma no Iraq, e do seu líder anuncia unha próxima aparición para declararlle a guerra a Pakistán.

O vídeo foi difundido por Internet en varios foros relacionados con milicianos islámicos. Nel, Ayman al Zawahiri pídelle ós seus simpatizantes que apoien cos seus fillos "ós muyahidines que loitan contra os cruzados e contra os seus fillos". Con formato documental e subtitulado en inglés, a grabación inclúe fragmentos de entrevistas novas e antigas a líderes de Al Qaeda.

Nun deses fragmentos, Al Zawahiri asegura que os Estados Unidos están a ser derrotados en Afganistán e Iraq, seis anos despois dos ataques do 11 de setembro en Washington e Nova Iorque. "A que din que é a potencia máis poderosa da historia da humanidade está sendo hoxe en día derrotada fronte ás vangardas musulmanas da yihad", asegura o número dous da organización terrorista, mentres sostén un fusil automático apoiado sobre o corpo.

Noutro dos cortes da grabación pídese que as forzas de paz da ONU e africanas que se despracen á rexión sudanesa de Dafur sexan atacadas. E presenta actividades de Al Qaeda en varios lugares, entre eles Iraq, Afganistán, Somalia e o norte de África.

Ameaza contra Pakistán
Osama Bin Laden, emitirá nos vindeiros días unha nova mensaxe para declararlle a guerra ó presidente de Pakistán. "Urxente, Al Qaeda decláralle a guerra ó tirano Pervez Musharraf e ó seu exército apóstata", di o aviso colgado nunha páxina islamista. O anuncio prodúcese o mesmo día no que o país fixou as eleccións presidenciais para o 6 de outubro.

Irán non pisará a zona cero
Por outra banda, o presidente iraní Mahmud Ahmadineyad non poderá pisar a zona cero. O portavoz da Policía neoiorquina, Paul Browne, anunciou nun comunicado que "a área está pechada ós visitantes debido ós traballos de construción", pero engadiu que a petición de Ahmadineyad sería negada igualmente por motivos de seguridade.

O presidente de Irán pretendía visitar o lugar no que estaban as Torres Xemelgas durante a súa viaxe a Nova Iorque a vindeira semana, coincidindo coa súa participación na 62 Asemblea das Nacións Unidas, que comeza o martes.

Irán é, xunto co Iraq e Corea do Norte, un dos países que o presidente estadounidense, George W. Bush, incluíu no denominado eixo do mal no 2002. EEUU non mantén relacións diplomáticas co país asiático dende decembro de 1979, cando os militares islámicos tomaron como reféns ó persoal da embaixada estadounidense de Teherán durante 444 días.

20/09/2007

5'0 (6 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Ayman al Zawahiri no vídeo no que pide a 'limpeza' do Magreb.
Ayman al Zawahiri no vídeo no que pide a 'limpeza' do Magreb.

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso