Datos de interés

  • Domingo 12.10.2008

Historia

As dificultades da investigación sobre a represión franquista, protagonistas en O Grove


Etiquetas: historia, Guerra Civil

Sara González. AGN (Santiago).

O concello pontevedrés de O Grove acollerá dende hoxe e ata o vindeiro 22 de setembro unhas xornadas bautizadas como 'O dereito a saber, a liberdade de investigar', co obxectivo de que os investigadores "teñan unha plataforma onde expresarse e confrontar ideas", dende diversos ámbitos e puntos de vista.

Esta iniciativa foi organizada pola 'Asociación pola Memoria Histórica do Grove', do que forma parte o concelleiro de Cultura da localidade, Antón Mascato, Iniciativa Galega pola Memoria, representada por Matías Rodríguez da Torre e o Consello da Memoria, que estará presente a través da figura do galeguista Isaac Díaz Pardo.

A investigación, a debate
Matías Rodríguez da Torre afirmou que o que se pretende coas xornadas é "analizar e difundir a necesidade de facer pública a represión franquista", iso si, coa "condición básica da liberdade de expresión".

O membro de Iniciativa Galega pola memoria puntualizou que precisamente a liberdade de expresión está "truncada ultimamente", por diversos particulares ou colectividades que "están a censurar, demandar e ameazar" a historiadores, investigadores e colectivos.

Nas distintas mesas redondas, recoñecidos historiadores e investigadores contarán como desenvolven o seu traballo a pesar das dificultades e das privacións ás que se enfronta a veces. A fondarase ademais no aspecto legal, nas lagoas existentes neste ámbito e, sobre todo, na "impunidade legal coa que nos atopamos ó investigar o franquismo", sinala Matías Rodríguez.

Tamén terán un oco os casos galegos. Deste xeito, os asistentes poderán escoitar, o caso do historiador da represión en Galicia, Dionisio Pereira, ou do seu socio, Alfredo González Ruibal, que foi condenado por colgar en internet as investigacións de Pereira.

As xornadas completaranse coa proxección de documentais como O barco da memoria, O novo Endem, ou Sumarissim, da xornalista catalá Dolòrs Genovès. O punto e final porao o concerto musical do grupo 'Brigada Vítor Jara', que se ofrecerá o sábado ás 22:30 na Praza do Corgo da localidade.

Confrontación de ideas
Antón Mascato explicou que estas xornadas organízanse en O Grove porque nesta localidade produciuse o primeiro caso dunha sentenza recente condenatoria en Galicia contra traballos de divulgación. Isto aconteceu coa información que recolleu Fabièn Garrido sobre seu pai, Ramón Garrido, que foi retirada de Internet por parte dun xuíz de Cambados despois de levar nove anos publicada na rede.

Este acontecemento "ten un atractivo especial" segundo Mascato, porque nas xornadas estarán tanto Fabièn Garrido como o xuíz que ordeou retirar a información sobre seu pai, polo que se poderán confrontar diferentes ideas.

19/09/2007

5'0 (3 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso