Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Privacidade na rede

¿Alemaña cara a 'Stasi 2.0'?


Etiquetas: privacidade, internet

Marcos Ferro.

O tópico sinala ós alemáns como altamente eficientes e meticulosos. Verdade ou non, o Ministerio de Interior alemán demostrou aprender rapidamente dos seus erros. Despois de que hai un par de semanas se coñecese unha infiltración de 'crackers' chineses nos ordenadores do goberno, unha iniciativa apadriñada polo ministro de Interior, Wolfgang Schäuble, pretende darlle a volta á tortilla e que sexa o Estado o que leve a iniciativa na intrusión en ordenadores privados.

O proxecto chámase 'Software Forense Remoto', e de aprobarse, daría vía libre a que o goberno alemán actuase como un delincuente informático máis, introducindo 'troianos' en ordenadores de sospeitosos, con programas que permitan facerse co control a distancia.

Unha iniciativa gobernamental similar pero menos sofisticada xa fora utilizada ata o 2005, ano na que se prohibiu. Pero as recentes intrusións chinesas e o desasosego producido pola existencia dunha célula terrorista lista axudou a que o goberno volva abrille ás portas a estas técnicas de intrusión.

Internautas en contra...  ¿sociedade a favor?

A medida proposta por Schäube non sentou nada ben ós usuarios alemáns, que denuncian que esta invasión á privacidade non evitará ameazas terroristas, pois os profesionais detectarán facilamente os troianos instalados, máis que o método de intrusión non é demasiado sofisticado, ó infectar arquivos Word e Powerpoint enviados por correo electrónico.Máis vulnerable parece en cambio ós internautas comúns, que serían víctimas dos novos poderes dos servizos segredos alemáns.

Malia todo, as enquisas revelan un dato curioso. A maioría dos alemáns estaría disposto a permitir que o seu goberno utilizase troianos en ordenadores particulares como medida de prevención do terrorismo e da espionaxe industrial estranxeira.

Estes datos foron recabados pola empresa Infratest dimap nun momento moi favorable para os intereses do goberno, días despois de que se coñecera a espionaxe chinesa e tras  frustrar in extremis  un atentado como o do 11 de marzo en Madrid. As autoridades atoparon dúas maletas-bomba en trens, que non chegaron a causar unha traxedia por un fallo nos detonadores.

Lexislación 'anti hacker'

Semella que o goberno alemán quere ter o monopolio do 'tránsito' por ordenadores alleos. En maio deste ano aprobouse unha lei de protección de datos moi restritiva para os hackers da rede e as súas ferramentas de análise de vulnerabilidades. Os expertos en seguridade e os hackers 'de sombreiro branco' puxeron o berro no ceo porque o uso de software para detectar buracos nas redes de ordenadores caían no campo do ilícito.

Polo momento, o único resultado coñecido da nova lei foi a mudanza obrigada de moitos dos foros técnicos e páxinas de utilidades tradicionalmente usadas por hackers, que tiveron que abandonar os seus servidores nacionais e gorecerse en países veciños.

15/09/2007

5'0 (6 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Ministro de interior
O ministro alemán do interior, caracterizado como axente dos servizos secretos da RDA (Foto:dataloo.de)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso