Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Emprazamento alternativo para o Botellón

A 'movida' en Pontevedra móvese pola obras


Etiquetas: troula, Pontevedra

A. Espiño. AGN (Pontevedra).

Aproveitando as obras de remodelación que o goberno municipal de Pontevedra está realizando en todo o entorno do Campillo de Santa María, lugar escollido polos máis novos durante a fin de semana para practicar o fenómeno do "botellón", o concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillerme Vázquez anunciou que "é un bo momento para estudar un lugar alternativo onde trasladar esta actividade".

Así, o concello anunciou a apertura dun período de consultas para "alcanzar unha solución de consenso" para esta nova ubicación, inicialmente coa Asociación de Veciños de Santa María, ao consideralos o "principal colectivo afectado", aínda que o goberno municipal asegura que escoitará outras opinións "para que a decisión final sexa ao gusto da maioría".

O principal requisito do novo emprazamento do botellón será "que ocasione as menores molestias posibles aos veciños, e que ademais cause o menor risco para os rapaces" e a ser posible que sexa preto da cidade, segundo explicou o responsable municipal da Seguridade Cidadá, "para que non teñan que desprazarse en vehículos co perigo que iso supón."

O edil nacionalista tamén entende que "nunca haberá unha solución boa" pero en todo caso considera que non debe manterse a situación tal e como está senón que debe abrirse a posibilidade dun traslado, xa que "temos a decisión e a convicción de tentar trasladar a ubicación física do botellón."

19/09/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso