Datos de interés

  • Domingo 21.03.2010

Resultados da inspección

O goberno di que as fugas do Prestige non son perigosas


Etiquetas: medio ambiente, Goberno, Prestige

Xeración.

O 'Prestige' segue botando paseniñamente o seu chapapote cara o mar, pero o caudal actual non constitúe un perigo para a natureza, segundo os técnicos que o inspeccionaron durante os últimos dez días. Nunha comparecencia ante os medios, a vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, asegurou que a cantidade de fuel verquido polo Prestige non supón "ningunha ameaza nin para a costa nin para o ecosistema mariño".

De la Vega, presentou esta mañá os primeiros datos obtidos a partir das observacións do buque afundido. As inspeccións leváronse a cabo mediante pequenos robots submarinos que descenderon ata os máis de 3.500 nos que se atopan os restos do petroleiro.

Cinco fugas de fuel
Alí confirmaron a existencia de fugas, 5 en total. Na proa, un pequeno orificio polo que se escapan uns 5 litros de fuel ó día, e outro que deixa saír uns 2 litros diarios. Estas dúas fendas xa se taparan na inspección realizada en 2003.

Na popa, a situación é parecida: unha fuga que esparexe máis de 5 litros ó día e outra, case imperceptible que bota ó mar un litro cada 24 horas. Neste pecio advertiuse ademais unha fuga nunha tapa dun conduto para a limpeza de tanques, que soltaba preto de 5 litros diarios, e que foi selada polos robots.

En total, o Prestige perde uns 17 litros por día, o que supón unha cifra sensiblemente inferior ós 60 litros estimados pola Administración. Os resultados finais da exploración do Prestige iranse coñecendo durante as vindeiras semanas, cando os técnicos de Repsol YPF analicen as mostras e datos que recolleron os robots submarinos.

Mal tempo
A inspección pecio comezou o pasado día 4 de setembro, cando o buque 'Siem Danis', procedente de Aberdeen, chegou á zona na que se atopa o petroleiro afundido. As malas condicións climáticas fixeron que as inspeccións se viran interrompidas en varias ocasións, aínda que finalmente non se superou o prazo de dez días establecido.

Esta campaña é a terceira que se realiza no buque, tralas desenvolvidas en 2003 e 2004. Os restos do petroleiro aínda gardan no seu interior preto de 1.500 litros de fuel, dos 77.000 que levaba cando se partiu fronte ás costas galegas, provocando a peor marea negra da historia do país.

14/09/2007

5'0 (2 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Robot submarino
Un dos robots encargados de explorar o pecio do Prestige (Foto: Ministerio da Presidencia)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso